Vince Carter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 43:
Vince chegou a un equipo que perdera aos seus dous mellores xogadores. [[Jerry Stackhouse]] e [[Rasheed Wallace]] deixaron o equipo cando só levaban dúas tempadas nas que levaran aos Tar Heels á Final Four. Carter compartiu vestiario na súa primeira tempada con outro freshman de moito talento como era [[Antawn Jamison]]. [[Ademola Okulaja]], [[Serge Zwikker]], [[Jeff McInnis]] e [[Dante Calabria]] foron outros xogadores importantes que conformaron o persoal e que axudaron ao equipo de Smith a lograr un refacho de vitorias de 20 partidos consecutivos.<ref name="jock" /> Carter non tivo un bo primeiro ano, e pasou de ser titular ao banco perdendo protagonismo en favor de Okulaja ou Jamison, que gañou o premio de Freshman do Ano na [[Atlantic Coast Conference]]. Acabou a tempada con medias de 7,5 puntos e 3,8 rebotes en case 18 minutos de xogo. Os Tar Heels caeron en segunda rolda do torneo [[NCAA]] fronte a [[Texas Tech Rede Raiders]].
 
Carter decidiu quedar no campus durante o verán de [[1996]] para traballar o seu xogo. Isto tivo o seu reflexo ao comezo da súa tempada sophomore, na [[1996]]-[[1997|97]], Carter progresou tanto ofensiva como defensivamente. Smith estaba encantado co xogo de Vince e ao técnico non quedou mais remedio que xogar con dúas bases, Cota e Williams, para que o tres tivesen cabida. Os Tar Heels alcanzaron a [[Final Four]] de [[1997]], pero non puideron disputar o título ao caer fronte a [[Arizona Wildcats]] de [[Mike Bibby]], ao cabo, campións. En 27 minutos de media Carter asinou 13 puntos (con 52.5% en tiros de campo), 4.5 rebotes e 2.4 asistencias. Antes de comezar esta tempada, [[Tracy McGrady]], unha estrela de instituto, descubriu grazas a Carter que eran primoscurmáns.<ref name="jock" />
 
Na súa última tempada como universitario, o lendario técnico [[Dean Smith]] tívose que retirar tras 36 tempadas no cargo debido a que estaba a loitar por superar un [[cancro]]. O asistente Bill Guthridge fíxose cargo do equipo. Carter e Jamison formaron unha das mellores duplas da [[NCAA]] e alcanzaron de novo a Final Four, aínda que volveron quedar ás portas tras ser eliminados por [[Utah Utes]]. O equipo chegaba como cabeza de serie número 1. Na final da East region, Carter freou nun gran encontro á estrela de [[Connecticut Huskies]], [[Richard Hamilton]]. Anteriormente, o equipo necesitou das súas actuacións para derrotar a [[Charlotte 49ers]] e a [[Michigan State Spartans]]. Vince promedió 15.6 puntos (con 59.1% en tiros) 5,1 rebotes e 1.9 asistencias.