Polo celeste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 22:
O artigos principais de esta sección son: [[Astronomía Mesopotámica]] , [[Astronomía Grega]]
 
As estrelas circumpolares do hemisferio celeste norte teñen significados relixiosos en moitas outras culturas, como a grega, ou a celta. A constelación de Draco era coñecida como constelación da "Serpe" (animal obxecto de culto na cultura castrexa), a propia estrela Thubán (do árabe ثعبان , Th'uban) significa «A cabeza da serpe». O tema da serpe que aparece na versión mesopotámica en [[Gilgamesh]] e a [[serpe]]<ref> "Gilgamesh", versión de Stephen Mitchell, Alianza Editorial,2008 </ref> (tamén chamada o Gran Dragón Celeste), a versión grega en [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]] e o [[Dragón]] (a versión cristiá é [[San Xurxo]] e o Dragón), pódese interpretar como o destronamento de Thubán da súa posición como estrela polar (de aí ven o nome da constelación "Draco") despois do [[-2800, |2800 Aa.C.]].
 
Para Arato a [[Hercules (constelación)|constelación de Hércules]], ([[Heracles]], para os gregos, [[Melkart]] para os fenicios), non recibía o nome de Hércules, senón tán só a do "Axeonllado", figura humana axeonllada que tiña a punta do pé dereito enriba da cabeza da serpe ou dragón<ref>Arato, "Fenómenos", 65.</ref>. Arato non o menciona como Hércules a pesar de ser coñecidos os seus traballos, polo que cabe a hipótese de que soubese que a figura representaba a Atlas.