Polo celeste: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
 
== Consideracións arqueoastronómicas ==
As seguintes consideracións son de caracter arqueoastronómico, non invalidan as interpretacións literarias ou relixiosas dadas aos mitos ou tradicións comentadas, doutra banda, son extrapolables ás culturas do período [[-2800|2800 a.C.]] a [[-1900|1900 a.C.]]], nas [[latitud]]es 30º a 45º.
Na época faraónica o polo norte celeste era marcado pola estrela (α Draconis) tamén chamada "Thubán" (no [[-2800|2800 a.C.]]), na constelación de [[Draco]]. Thubán deixou de marcar o polo para facelo α Ursa minoris aproximadamente no [[-1900|1900 a.C.]]. No imaxinario relixioso exipcio o conxunto de estrelas circumpolares eran sagradas, dado que non se puñan nunca baixo a terra (non tiñan [[ocaso]]), eran pois estrelas inmortais, que rexían o eixo do universo, sosténdoo (o mesmo que o faraón sostén a Exipto), e xunto delas dirixíase o espírito do faraón ao morrer, segundo os [[Textos das Pirámides]].
 
Foi o astrónomo inglés Sir [[Josep Norman Lockyer]] (mais coñecido por descubrir o [[helio]] no espectro solar, e ser o primeiro director da revista [[Nature]]) o primeiro en decatarse da aliñación das construcións relixiosas faraónicas cara as estrelas circumpolares, na sua obra "The Dawn of astronomy", no ano 1894, considerada como a data do nacemento da [[arqueoastronomía]] como disciplina científica.
 
Coñecemos a astronomía popular grega pola obra poética "Fenómenos" do grego [[Arato]] de Solos (Soli, [[Cilicia]]), 310-240 Aa.C.. Arato nos describe como as dúas Ursas (Ursa Major e Ursa Minor) xiran entorno ao eixo e por iso tamén se lles chama carros <ref>Arato, "Fenómenos", 25.</ref>. Ná época de Arato usábase tanto a Ursa Maior coma a Ursa Minor para marcar o Norte, así Arato cóntanos como os navegantes [[aqueo]]s usaban a [[Ursa Major]], e os [[fenicio]]s usaban a [[Ursa Minor]] <ref>Arato, "Fenómenos", 39.</ref>.
 
=== Hércules, o Dragón, e os "pomodoros" (mazás de ouro)===