Dili: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 30:
'''Dili''' (en portugués: '''Díli''') é a capital de [[Timor Leste]]. Sitúase na costa norte da [[illa]] de Timor, a máis oriental das illas do [[arquipélago]] malaio. Dili é o principal [[Porto (comunicacións)|porto]] e centro [[comercio|comercial]] de [[Timor Leste]] e tamén posúe un [[aeroporto]] usado por voos comerciais e militares. Ten aproximadamente uns 48 mil habitantes.
 
==Historia==
Dili foi fundada o [[1769]] polos [[Portugal|portugueses]], como nova capital do Timor Portugués, en substituición de Lifau, no actual enclave de [[Oecussi-Ambeno]], demasiado vulnerábel aos ataques dos [[Holanda|holandeses]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] a cidade foi ocupada polos [[Xapón|xaponeses]] e, coa fin da guerra, retornou o dominio portugués. Cando [[Timor Leste]] proclamou a súa independencia o [[28 de novembro]] de 1975, tornouse capital do novo país. Porén, nove dias depois, en [[7 de decembro]], forzas militares da [[Indonesia]] invadiron Dili. O [[7 de xullo]] de [[1976]], a Indonesia transformou [[Timor Leste]] na súa 27ª provincia, chamada ''Timor Timur''. No entanto, unha loita de [[guerrilla|guerrillas]] contra o invasor proseguiu, sendo violentamente combatida polo [[goberno]] indonesio. Ducias de millares de civís foron mortos.