Émile Durkheim: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Emile Durkheim.jpg|thumb|Émile Durkheim]]
'''David Émile Durkheim''', nado en ([[Épinal]], [[Lorena]], o [[15 de abril]] de [[1858]] e finado en [[París]], o [[15 de novembro]] [[1917]]), éfoi un dos fundadores da [[socioloxía]] moderna, xunto a [[Max Weber]]. Fundador da primeira revista dedicada ás [[ciencias sociais]], o [[L'Année Sociologique|Année Sociologique]], co cal tamén se identifica ao grupo de estudosos que desenvolveu o seu programa de investigación sociolóxica.
 
== Biografía ==
 
== Traxectoria ==
Naceu en [[Épinal]], [[Francia]], na rexión de [[Lorena]]. A pesar de ser fillo dunha familia profundamente relixiosa (o seu pai era [[rabino]]), Durkheim tivo unha vida completamente secular. Desde mozo sentiuse atraido polo [[método científico]], que se opuña á súa educación baseada na [[relixión]]. Moitos dos seus traballos, de feito, dedícanse a demostrar que os fenómenos relixiosos proveñen de factores sociais máis que divinos. Os seus antecedentes xudeus, sen embargo, moldearon a súa socioloxía, e moitos dos seus estudantes e colaboradores foron compañeiros xudeus ou parentes de sangue.
Durkheim entrou na [[École Normale Supérieure]] (Escola Normal Superior), en [[1879]]. A súa xeración foi unha das máis brillantes do [[século XIX]] e moitos dos seus compañeiros de clase, tales como [[Jean Jaurès]] e [[Henri Bergson]] convertéronse en importantes figuras da vida intelectual francesa. Na ENS (Escola Normal Superior), Durkheim estudou con [[Fustel de Coulanges]] cando se graduou en [[filosofía]] en [[1882]].
Liña 11 ⟶ 10:
 
== Teoría sociolóxica ==
 
=== Feitos Sociais ===
 
Teóricos anteriores vían á socioloxía cun espírito moi positivista, dándolle calidades puramente psicolóxicas ou organicistas. Polo contrario Durkheim concibiu a existencia de fenómenos especificamente sociais ("feitos sociais"), que constitúen unidades de estudo que non poden ser abordadas con técnicas que non sexan as especificamente sociais.
 
Liña 23 ⟶ 20:
 
=== A división do traballo social ===
 
Na súa tese de doutoramento publicada en 1893, Durkheim considera o problema da solidariedade social. O seu estudo baseouse na distinción de dúas formas de solidariedade.
 
Liña 41 ⟶ 37:
 
=== Método de estudo dos feitos sociais ===
 
Durkheim propón estudar os feitos sociais como "cousas" (non porque estes sexan cousas materiais propiamente ditas, senón pola súa característica de observábeis e verificábeis empiricamente), pois enuncia que poden ser observados e contrastados por medio do método científico, establecendo tres regras básicas.
 
Liña 56 ⟶ 51:
 
=== Idea de "función" ===
 
Tomada de [[Spencer]], e en estreita relación co concepto de "estrutura", a idea de función lévaa implícita: dada unha sociedade estruturada en torno a un sistema, nel cada individuo cumpre funcións ou [[rol]]es, é dicir, un conxunto de obrigas definidas antes de que a súa concreción chegue a darse. Esta idea constitúe un legado importantísimo para o [[funcionalismo]] e o pensamento norteamericano en xeral.
 
=== O Estado ===
 
Segundo a visión durkheimiana, o [[Estado]] defínese polas funcións que cumpre, que deben ser limitadas, xa que non ten que manexar os [[lazos sociais]] nin a [[conciencia colectiva]]. O Estado é un tipo de [[conciencia colectiva]], pero non a concentra toda: é un órgano de pensamento social, e a súa función específica é elaborar certas representacións sociais para dirixir a conduta colectiva.
 
Liña 68 ⟶ 61:
 
== Principais obras ==
 
* ''[[A división do traballo social]]'' (1893). A súa tese de doutoramento.
* ''As regras do método sociolóxico'' (1895). Desenvolve cómo abordar os feitos sociais en forma sistemática e científica.
Liña 76 ⟶ 68:
 
== Véxase tamén ==
 
=== Outros artigos ===
* '''''[[L'Année Sociologique]]''''' (1896). Revista na que se dan a coñecer investigacións sobre socioloxía e antropoloxía.
 
* '''''[[L'Année Sociologique]]''''' (1896). Revista na que se dan a coñecer investigacións sobre socioloxía e antropoloxía.
 
 
[[Categoría:Personalidades da socioloxía|Durkheim, Emile]]