A Famosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este.
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Malacca 1630.jpg|thumbnail|O plano da Famosa en [[1630]] durante os últimos anos de dominio portugués.]]
 
[[A Famosa]] é unha [[fortaleza]] construída polos [[portugueses]] na cidade de [[Malaca]] en [[1511]] despois de capturar a cidade unha frota desa nacionalidade baixo a dirección do gobernador da [[India]] portuguesa [[Afonso de Albuquerque]]. A Famosa está situadosita en Bandar Hilir, próxima ao palacio do sultán de Malaca e á igrexa de San Paulo, é a mostra arquitectónica europea máis antiga de Asia. Todo o que queda da Famosa é a Porta de Santiago.
 
== Fortaleza portuguesa ==
 
Unha vez conquistada Malaca os portugueses empregaron traballadores forzados para construíren unha fortaleza no lado sur da desembocadura do río que os defendese dun posible ataque dos [[malaios]] e para convertela nun bastión que asegurase o control portugués do comercio das [[especia|especias]]s e como porto estratéxico na ruta cara ao sur da [[China]] e o [[Xapón]], a fortaleza que se levantou con materiais procedentes das ruínas da ''Gran Mesquita'' e outros edificios destruídos no ataque portugués, tardou cinco meses en rematarse. Debido ás altas temperaturas e á falta de alimentos morreron moitos dos traballadores.
 
A Famosa ou formalmente Fortaleza de Malaca construíuse con espesas paredes de entre 2.5 e 4.5 metros, con catro grandes torres, a maioría da poboación vivía en casas nesa cidadela portuguesa que xurdiu intramuros. A partir de [[1586]], co aumento da poboación, ampliouse a fortaleza en tódalas direccións incluíndo dentro dos seus muros os outeiros próximos transformado á antiga cidade nunha verdadeira cidade, con cinco igrexas, capelas, conventos, hospital e o palacio do gobernador e o bispo, a súa superficie incluía Jalan Kota, Jalan Gereja, Jalan Mahkamah e Jalan Istana.
[[Ficheiro:Portadesantiago.jpg|thumbnail|A Porta de Santiago é todo o que queda da antiga fortaleza de Malaca.]]
 
== Fortaleza holandesa ==
 
A [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]] estábase facendo co control comercial e político da área desde comezos do século XVII, e a cidade de Malaca era clave para o control do estreito de Malaca e do comercio das especias, o primeiro intento serio de facerse coa cidade foi en [[1606]]. A fortaleza de Malaca mantívose como o último bastión portugués na zona e como un poderoso obstáculo que lles impedía os holandeses terteren a hexemonía no estreito, finalmente tras un asedio de cinco meses caeu nas mans holandesas o [[14 de xaneiro]] de [[1641]]. Os holandeses repararon os danos que sufrira A Famosa durante o asedio, incluída a única porta que sobrevive, na que colocaron en [[1670]] un baixo relevo co escudo da Compañía.
 
== Fortaleza británica ==