Mihails Tāls: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ca:Mikhaïl Tal
photo 1961
Liña 8:
Tal aprendeu o xogo na infancia, grazas ao seu pai, pero xogou os 17 anos a súa primeira partida cun gran mestre. Apenas 8 anos despois xa era campión do mundo, polo que progresou rapidamente. Obtivo un segundo posto no Campionato letón de 1954, xunto co seu título de mestre da URSS, tras gañar ao campión bielorruso Saïgin. Tivo outro éxito ao triunfar na semifinal do campionato da URSS individual. Cara a 1956, quedou a un punto dos vencedores, e no ano de 1957, Tal quedou quinto ex aequo na semifinal, algo lonxe do futuro campión do mundo, Petrossian.
 
[[File:Mikhail Tal 1961 Oberhausen.jpg|thumb|left|Mihail Tal, Oberhausen 1961]]
Diversas vitorias axudáronlle a consolidarse no cume, gañou o campionato sovietico en 1958 (12,5/18), logo o interzonal de [[Portoroz]] o mesmo ano e finalmente, ao coroarse campión do Torneo de Candidatos disputado en [[Iugoslavia]] en [[1959]] (axudado por 4 vitorias sobre o mozo [[Bobby Fischer]]) obtivo o dereito a disputar o match polo Campionato do Mundo. Ata precedido polas súas vitorias (conseguira, ademais, o primeiro lugar en [[Zúric]] [[1959]] con 11,5/15 por diante de Fischer, [[Svetozar Gligoric|Gligoric]] e [[Paul Keres|Keres]], sumado a 13,5/15 na olimpíada de [[Leipzig]] [[1960]]) foi unha gran sorpresa cando, en [[1960]], á idade de 24 anos, Tal derrotou ao posicional e estratéxico [[Mikhail Botvinnik]] neste encontro, co que se converteu no Campión do Mundo máis novo de todos os tempos (ata que Kaspárov superouno, gañando o título aos 22 en [[1985]]). Botvínnik gañou o encontro de desquite a comezos de 1961, onde Mikhail Tal tivo que dobregarse, aparentemente por problemas de saúde, 8-13. Meses máis tardesm gañou o Torneo de Bleg diante de Fischer, pero a súa saúde obrigoulle a retirarse de varios torneos, como o dos Candidatos de Curacao.