76.827
edicións
m (bot Modificado: ml:രണ്ടാം വത്തിക്കാൻ സൂനഹദോസ്) |
m (bot Modificado: pl:Sobór watykański II; cambios estética) |
||
O '''Concilio Vaticano Segundo''' ou '''Segundo Concilio Ecuménico do Vaticano''' foi un [[Concilio ecuménico]] da [[Igrexa Católica]], comezado baixo o papado de [[Xoán XXIII]] ([[1962]]) e finalizado con [[Paulo VI]] en [[1965]].
== Situación previa ==
A época previa á convocatoria do Concilio Vaticano II caracterizárase pola existencia de grandes cambios dentro do seo da [[Igrexa Católica]]. Por un lado, xurdiran novas correntes [[Teoloxía|teolóxicas]]; teólogos católicos como [[Karl Rahner]], [[Joseph Ratzinger]], [[Yves Congar]] ou [[Hans Urs von Balthasar]] abriran novos camiños ao pensamento cristián ; por outro, os [[Bispo|bispos]] tiñan que afrontar unha nova situación política, económica, social e técnica. Ademais, o inconcluso [[Concilio Vaticano Primeiro]], case un século antes, deixara moitas cuestións dogmáticas sen fixar.
O Papa [[Xoán XXIII]] anunciou a súa vontade de convoca-lo concilio apenas tres meses após ter sucedido a [[Pío XII]]. O seu obxectivo facéndoo era, segundo el mesmo, "Abri-las fiestras da Igrexa para que poidamos mirar cara a fóra e a xente poida mirar cara adentro". De feito, non só invitou a tódolos bispos da Igrexa ó concilio, senón tamén a representantes dos [[Protestantismo|protestantes]] e [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxos]].
== Sesións ==
=== Primeira sesión (Outono de 1962) ===
O Papa abriu o concilio o día [[11 de outubro]] de [[1962]] nunha sesión pública na que figuraban representantes eclesiásticos e políticos. Despois dunha misa, o Papa leu un discurso titulado ''Gaudet Mater Ecclesia'' (A Madre Igrexa alégrase), no que cargou contra aqueles que vaticinaban a fin da Igrexa e salientou a súa dimensión pastoral.
Os temas tratados nesta primeira época do Concilio incluían a [[
Estas conversacións remataron o [[8 de decembro]] dese mesmo ano, e non puideron volver a comezar ata un ano máis tarde debido á morte do Papa [[Xoán XXIII]] o [[3 de xuño]] de [[1963]].
=== Segunda sesión (Outono de 1963) ===
Tras ser elixido como Papa, [[Paulo VI]] continuou co labor conciliar do seu predecesor. O [[29 de setembro]] facía público un documento no que establecía claramente os catro obxectivos do Concilio:
* Definir mellor a natureza da Igrexa e o papel do bispo.
* Renova-la Igrexa.
* Reunificar tódalas confesións cristiás.
* Comezar a dialogar co mundo actual.
Neste segundo período, os bispos aprobaron a constitución ''Sacrosantum Concilium'' (relativa á liturxia) e o documento ''Inter Mirifica'' (referente á presenza da Igrexa nos medios de "comunicación social"). O [[4 de decembro]] pechouse a segunda sesión.
=== Terceira sesión (Outono de 1964) ===
Empezada o [[14 de setembro]] de [[1964]], baseouse en numerosos asuntos da Igrexa. Aprobáronse tres documentos: ''Unitatis Redintegratio'' (sobre o [[ecumenismo]] ou reunificación dos cristiáns), ''Orientalium Ecclesiarum'' (sobre as Igrexas orientais) e ''Lumen Gentium'' (sobre a mesma Igrexa Católica).
Tras numerosas controversias, a sesión rematou o [[21 de novembro]] dese mesmo ano.
[[Ficheiro:Pope_Paul_VI._1967.jpg|thumb|left|Paulo VI, papa que pechou o Concilio]]
=== Cuarta sesión (Outono de 1965) ===
A cuarta e última sesión do concilio, e a terceira presidida por Paulo VI, abriuse o [[14 de setembro]] de [[1965]]. Aprobáronse catro documentos:
* ''Dignitatis Humanae'' (que foi aprobado malia o rexeitamento de 224 dos obispos), co que a Igrexa recoñecía a liberdade de relixión.
* ''Gaudium et Spes'', que supuxo unha reonvación do papel da Igrexa na sociedade actual.
* ''Ad Gentes'', referido ós misioneiros.
* ''Presbyterorum Ordinis'', que regulamentou o sacerdocio.
Outros documentos, que foran tratados en sesións anteriores, foron definitivamente aprobados neste período. Neste grupo inclúese ''Christus Dominus'' (sobre os bispos), ''Perfectae Caritatis'' (sobre as ordes relixiosas), ''Optatam Totius'' (sobre a educación dos sacerdotes), ''Gravissimum Educationis'' (sobre a educación cristiá) e ''Apostolicam Actuositatem'' (sobre o papel dos laicos).
O [[8 de decembro]] de [[1965]], o Concilio quedou formalmente pechado.
== Asuntos ==
=== A Igrexa ===
Se cadra, a constitución máis importante de todo o Concilio Vaticano II foi ''Lumen Gentium''.
O terceiro capítulo esténdese sobre a figura do Papa como líder da Igrexa e mailos seus cardeais e obispos. Nos seguintes capítulos, menciónanse numerosos aspectos da Igrexa, algúns deles moi controvertidos, como o referente á [[Virxe María]].
=== Liturxia ===
O efecto máis inmediato do Concilio Vaticano II foi o establecemento dunha liturxia máis achegada ó pobo, que incluía a substitución do [[latín]] polas linguas propias de cada lugar, para facilita-la comprensión dos fieles.
Algo semellante ocurriu cos textos sagrados (a Igrexa comprometeuse a traducilos ás linguas de cada lugar).
== Críticas ao Concilio ==
Algúns católicos especialmente conservadores manteñen que o Concilio Vaticano II alonxou á Igrexa dos seus principios. Defenden que:
* A Igrexa debería considerarse o único e excluínte camiño á salvación de Cristo.
* Non debería permitirse a liberdade de culto.
* Debería mencionarse o Xuízo trala morte e a existencia do Ceo e do Inferno.
* A crenza da infalibilidade da Biblia debería ter sido afirmada.
* O latín debería seguir sendo a lingua litúrxica.
Así e todo, estes grupos son moi reducidos e a Igrexa Católica en xeral aceptou o contido do Concilio.
[[nl:Tweede Vaticaans Concilie]]
[[no:Andre Vatikankonsil]]
[[pl:Sobór
[[pt:Concílio Vaticano II]]
[[ro:Conciliul Vatican II]]
|