Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
Arranxos varios
Liña 9:
|entidades =8
}}
'''Santa Cecilia de Trasancos''' é unha [[parroquia]] que se localiza no leste do concello de [[Ferrol]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 608 habitantes (319 mulleres e 289 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 771 habitantes.
 
O primeiro documento coñecido -na actualidade- onde aparece citada esta parroquia correspóndese ao ano [[1087]] e pertence á colección diplomática do próximo [[Mosteiro do Couto|mosteiro de San Martiño de Xuvia]]. Durante a [[Idade Media]] e a [[Idade Moderna]], Santa Icía de Trasancos foi a cabeza ou capital do arcediagado de Trasancos.
 
O couto -medieval- de Santa Icía de Trasancos estaba en mans do correspondente arcediago, por canto era anexo a esta dignidade do cabido [[Mondoñedo|mindoniense]]. No ano [[1586]] o rei [[Filipe II]], despois de desamortizar este couto e incorporalo aos bens da Coroa, vendeuno ao ferrolán Xoán Yáñez de Leiro e Doza, cóengo doutoral da [[Catedral de Santiago de Compostela]]. O Dr. [[Yáñez de Leiro]] outorgou testamento no ano [[1599]], polo cal fundou vínculo e morgado sobre este couto -xunto cos de Xuvia e Caranza- así como sobre outros bens capitais, en favor do seu sobriño o capitán Pedro Yáñez de Mandiá. O couto de Santa Icía de Trasancos permaneceu durante a Idade Moderna en posesión dos descendentes do capitán Pedro Yáñez de Mandiá, -logo co apelido Bermúdez de Mandiá-, até a abolición do sistema [[xurisdición|xurisdicional]] co fin do [[Antigo Réxime]], no [[século XIX]].
 
=Patrimonio==
Da igrexa medieval non se conserva máis que un pequeno anaco dunha doveladoela, empotrado na parede interior do altar maior da que hoxe corre popularmente como "[[igrexa]] vella", a cal data do ano [[1771]] e se edificou baixo o padroado de D. Xosé María Bermúdez de Mandiá e Pardiñas Villardefrancos, señor xurisdicional polo entón. A actual igrexa parroquial data do ano [[1964]].
 
Na mesma parroquia de Santa Icía de Trasancos e lindando coa freguesía anexa de [[Leixa, Ferrol|San Pedro de Leixa]] atópase o espléndido [[Pazo do Monte]], que se rematou de construirconstruír no ano [[1780]] e foi casa solarenga da liñaxe dos Bermúdez de Mandiá, antigos señores da xurisdición,. naNa actualidade está en propiedade dos seus sucesores os Moreno-Bermúdez.
 
Sobre o río de Santa Icía, -tamén chamado [[Río Freixeiro]]-, se atopa a [[ponte]] chamada popularmente "romana", pero que foi obraé do ano [[1814]]. Nas proximidades está o chamado Muíño dos Amenadás, -xa no concello de [[Narón]]-, cuxa primeira construción data do ano [[1813]].
 
== Imaxes de Santa Cecilia de Trasancos ==
Liña 34 ⟶ 35:
 
{{Ferrol}}
 
 
 
[[pms:Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol]]