Diferenzas entre revisións de «Lingua protoxermánica»

m
sen resumo de edición
m (bot Engadido: nds-nl:Oergermaans)
m
O '''protoxermánico''' (ou '''xermánico común''') é o devanceiro común hipotético ([[protolingua]]) de todas as [[linguas xermánicas]], que inclúen entre outros, o [[lingua inglesa|inglés]] moderno, o [[lingua holandesa|holandés]] e o [[lingua alemá|alemán]]. A lingua protoxermánica non é directamente confirmada por ningún texto pero foi reconstruída por medio de métodos comparativos. Só se atoparon unhas poucas inscricións [[Runa|rúnicas]] en [[Escandinavia]] datadas de ''ca.'' [[-200]] que se pensan que representan unha etapa do [[lingua protonórdica|protonórdico]] inmediatamente posterior ao protoxermánico. Algunhas palabras tomadas prestadas do xermánico primitivo que existían en linguas non xermánicas veciñas crese que foron tomadas do protoxermánico; un exemplo é en [[lingua finesa|finés]] e [[lingua estoniana|estoniano]] a palabra ''kuningas'' "rei", que é similar á palabra reconstruída do protoxermánico ''*kuningaz''.
 
O protoxermánico é unha lingua descendente do [[protoindoeuropeo]]. Posuía soamente dous tempos verbais (pasado e presente), en comparanza cos seis ou sete tempos do [[lingua grega|grego]], [[latín]] e [[sánscrito]]. Parte desta diferenza é debida á deflexión caracterizada pola perda de tempos do presente no protoindoeuropeo, por exemplo o pretérito perfecto. Sen embargoPorén, moitos dos tempos verbais doutras linguas parecen ser innovacións separadas en cada unha delas.
 
== Evolución do protoxermánico ==
4.558

edicións