Sufixo de número e persoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A persoa é unha [[categoría gramatical]] fundamentalmente [[deíxe|deíctica]], pois localiza o suxeito da acción verbal con respecto ó falante. A esta persoa oponse un oínte. Fronte a falante e oínte oponse a ‘non persoa’ que abrangue todo o demais, o que non é nin falante, nin oínte.
 
[[ÉmilÉmile Benveniste|Benveniste]] traduce a estrutura en que se asentan as tres persoas gramaticais a dúas correlacións fundamentais: a correlación de ‘personalidade’ e a correlación de ‘subxectividade’. Pola correlación de ‘personalidade’ enfróntanse as chamadas persoas estritas (primeira e segunda persoa) á denominada non persoa (terceira persoa), sendo as primeiras o membro marcado, determinado, fronte á terceira persoa que é o membro non marcado, indeterminado. Pola relación de subxectividade enfróntase a primeira persoa, o eu subxectivo, e a segunda persoa, a non subxectiva.
 
[[Schmidely]] establece unha serie de distincións que matizan dun modo máis acabado a concepción de Benveniste. Así, a non persoa (terceira persoa) está organizada en dous subconxuntos, o correspondente á terceira persoa e o correspondente á persoa nula. A terceira persoa de Schmidely refírese a entidades animadas, mentres que a persoa nula a entidades non animadas.