Diferenzas entre revisións de «Ataúlfo (rei)»

m
Pequena corrección ortográfica
m (Pequena corrección ortográfica)
Do 410 ao 412 practicamente non se coñece nada, o único que se sabe é que cando foi coroado xa tiña a idea de destruír por completo o Imperio romano e fundar un Imperio Gótico. Ao principio intentou seguramente pasar a África como o seu predecesor, pero ao resultarlle imposible, optou por emigrar coas súas xentes da península Itálica e dirixirse ás Galias.
 
No mesmo 412 entra en contacto co emperador Honorio e asina un tratado de alianza, polo cal Roma comprométese a dar provisión (annonaanona) e a cesión de terra na [[Galia]] a cambio de devolver á súa irmá [[Gala Placidia]]. Este foi o comezo da organización dos visigodos como reino e Estado permanentes, ao que contribuíu Ataúlfo en gran medida.
 
Casou dúas veces. A súa primeira esposa é de nome descoñecido, pero se sabe que con ela tivo seis fillos. A súa segunda esposa foi [[Gala Placidia]], filla do emperador romano [[Teodosio I o Grande]]. En xaneiro de 414 casaríase por sorpresa (segundo rito romano) con Gala Placidia en Narbona, aínda que o historiador Jordanes indica que casaronsecasáronse no 411 no foro Livii (Forli). A data de Jordanes pode referirse realmente ao comezo do romance entre ela e o rei godo, pois algúns historiadores afirman que houbo máis amor que política en devandita unión.
 
A voda produciu a ira en Honorio, que reaccionou enfurecido. Ataúlfo ¿nunha manobra estratéxica? simula abdicar en Prisco Atalo, ao que nomea Emperador dos visigodos, pero Honorio dáse conta da artimaña e córtalle os víveres provenientes dos portos baixo o seu poder, o que lle obriga a principios de 415 a abandonar a Galia en dirección a Hispania, cinco anos despois de que o fixesen os suevos, vándalos e alanos, e en Barcino (Barcelona) instala o seu corte. Nela nacerá o fillo que tivo con [[Gala Placidia]], chamado Teodosio, co que pretendía unir aos godos cos romanos, pero desgraciadamente o neno morrerá meses despois. Nesta época segue unha política de entendemento e achegamento con Roma, o que lle produce inimizades no seu séquito.
Pódeselle considerar como o verdadeiro fundador do poder político dos visigodos. Pero Ataúlfo non cumpriu o tratado ao non devolver á refén, e no outono de 413 intenta invadir a zona de Marsella. Ao non conseguilo, desprazouse cara a Narbona, Toulouse e Bordeus, é dicir, as rexións chamadas Galia Narbonense e Aquitania, onde se instala provisionalmente. Desde estes territorios, os visigodos non tiñan acceso ao mar, pois as costas seguían estando en poder dos romanos.
 
Ataulfo logo de fixar a súa residencia en [[Barcelona|Barcino]] e pactar cos Romanos foi asasinado por Dubio a principios do verán de 415, unha persoa da súa confianza que lle traizoa. Non se sabe exactamente quen foi o responsable do regicidiorexicidio, pero varios pretendentes intentan subir ao poder. [[Walia]], irmán do falecido, consegue o respaldo da maioría da asemblea, pero [[Sixérico]] levantouse en rebeldía desprazando as súas aspiracións.
3.723

edicións