Diferenzas entre revisións de «O dereito á preguiza»

sen resumo de edición
(cat)
| seguido por =
}}
 
'''''O dereito á preguiza''''' (en [[lingua francesa|francés]] ''Le droit à la paresse'') é un [[ensaio]] [[utopía|utópico]] do autor [[Francia|francés]] [[Paul Lafargue]], o seu primeiro traballo teórico, redactado en [[Inglaterra]] en [[1880]] para a súa primeira publicación no xornal ''L'Egalité'', e posteriormente como folleto en [[1883]].
 
Na obra Lafargue realiza unha criticacrítica [[marxismo|marxista]] do sistema económico xurdido do [[capitalismo]], cuxo desenvolvemento desembocaría nunha crise de superprodución, causa de paro e miseria entre a clase traballadora. Lafargue propón acadar, mediante a xeralización do uso das máquinas e a redución da xornada laboral, o estadio dos dereitos do benestar co que culminaría a [[revolución social]], e cuxa sociedade pode consagrar o seu tempo ás ciencias, a arte e a satisfacción das necesidades humanas elementais.
 
==Edicións==
''O dereito á preguiza'' acadou unha gran popularidade entre os partidarios e críticos co [[movemento obreiro]] Europaeuropeo a finais do [[século XIX]] polo seu estilo irónico e contido polémico, para máis tarde significarse como unha das obras literarias de maior relevancia de [[Francia]].
 
Trala [[revolución rusa]] e co auxe do pensamento partidario das políticas [[Unión Soviética|soviéticas]] do produtivismo, que é criticado na obra de Lafargue, o texto foi relegado até que trala [[Segunda Guerra Mundial]] foi redescuberto para a súa reedición e reivindicación por sectores moi dispares, abandonando a súa condición de obra ideolóxica para converterse en patrimonio universal.
 
==O pensamento de Lafargue==
N' ''O dereito á preguiza'', o autor fai unha defensa do soño da abundancia e o goce, e da liberación da [[escravitude]] do traballo, empregando a [[paradoxa]] como [[figura estilística]] para explicar mellor a doutrina marxista entre a clase obreira do seu tempo. Tomado como oposición á declaración do [[dereito ao traballo]] de [[1848]] (o subtítulo do libro é ''Réfutation du «Droit au travail»'' de 1848''), Lafargue defende que o traballo é o resultado dunha imposición do [[capitalismo]], contrariamente á idea tradicional de reivindicación obreira, contrapoñendo o dereito á preguiza, máis acorde cos instintos da natureza humana, cos que se acadarían o [[dereito ao benestar]] e a culminación da revolución social.
 
Lafargue analiza as consecuencias da crise de superprodución que consideraba inevitable no sistema económico burgués, e que se manifestarían pola ruína do capitalismo, o paro e a miseria da clase operaria. Nun estadio previo, Lafargue considera e critica conceptos como o sobreconsumo, a existencia dunha clase doméstica de consumidores improdutivos, ou a creación de necesidades e mercados ficticios cos que o sistema capitalista facilitaría a saída e redución de vida útil dos produtos.
Lafargue conclúe que é necesaria a redución das xornadas laborais a "3 horas como máximo", e a mellora da capacidade adquisitiva da clase traballadora como solucións ás crises de superprodución periódicas, pero opoñéndose ao interese capitalista polo beneficio económico e apuntaba como exemplo as políticas realizadas entón en [[Inglaterra]] e os [[EUA]] en favor do maquinismo.
 
Non obstante, para Lafargue o maquinismo ou a introdución das máquinas nun sistema capitalista podería xeralizar o paro e a miseria, mentres que no triúnfotriunfo revolucionario, representarían o instrumento básico para "traballar o menos posible e disfrutar intelectual e fisicamente o máis posible".
 
==Influencia==
 
==Crítica==
Para Pérez Ledesma, malia o rigor central de Lafargue, cae con frecuencia no uso de tópicos e apoloxías nas súas análises das formas de vida preindustriais que se axustan pouco á realidade histórica. Noutros fragmentos da súa obra tamén se recurre a caracterizacións étnicas coas que distingue aos diferentes pobos para os que o traballo é unha necesidade (entre eles cita aos galegos), aos que el considera libres á vez que demostra unha desconsideración cara aos traballos manuais na mesma liña que os filósofos da época clásica asentados entón nun sistema económico baseado no [[escravismo]].
 
==Os galegos n'O dereito á preguiza==
Paul Lafargue cita aos [[Galicia|galegos]] coma un exemplo negativo, canda [[Escocia|escoceses]], [[Auvernia|auverneses]], [[Pomerania|pomeranos]] e [[China|chineses]]. En contraposición cita a [[España|españois]] e [[Grecia|gregos]] como exemplo contrario.
 
{{Cita|Para o español, en quen o animal orixinario non está atrofiado, o traballo é a peor escravitude.}}
{{Cita|Por contra, cales son as razas para as que o traballo é unha necesidade orgánica? Os auverneses; os escoceses, eses auverneses das Illas Británicas; os galegos, eses auverneses de España; os pomeranos, eses auverneses da Alemaña; os chineses, eses auverneses de Asia.}}
 
==BibliografíaVéxase tamén==
===Bibliografía===
*''O dereito á preguiza''. Edicións Positivas, ISBN 978-84-87783-59-7. Tradución de [[Onofre Sabaté]].
*''[http://fr.wikisource.org/wiki/Le_Droit_%C3%A0_la_paresse Le droit à la paresse]'', texto íntegro orixinal en [[wikisource]] {{fr}}.
23.056

edicións