Espiral Maior: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
outros
traxectoria
Liña 1:
'''Espiral Maior''' é unha editora galega fundada no ano [[1991]] e dirixida dende entón polo poeta [[Miguel Anxo Fernán-Vello]].
 
== Traxectoria ==
==Características==
Aínda que abrangue tamén xéneros como a narrativa ou o teatro, a súa actividade principal é a edición de [[poesía]], xénero do que leva editados máis de douscentos títulos. Dende a súa fundación, a editora publica boa parte dos premios de poesía de concellos e asociacións galegas, contando tamén co seu propio certame, o [[Premio Espiral Maior de Poesía]], convocado dende [[1992]] e aberto dende o ano [[2006]] a obras en idioma portugués. A colección principal de poesía caracterizouse por sufragar parte dos seus custes através da suscrición. Os nomes dos suscritores figuran na última páxina de cada volume e reciben un exemplar numerado e autografado polo autor. Ademais da colección principal de poesía, a editora tivo a colección "A Illa Verde", de prezos populares (hoxe extinta), e a colección "Opera Omnia", edicións moi coidadas dedicadas a acoller as obras completas de autores canónicos.