Mailoc: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Traxectoria==
O seu nome aparece entre os prelados participantes no [[Concilio de Lugo|Primeiro Concilio de Lugo]], no ano 569, e no [[Segundo Concilio de Braga]], no ano [[572]]. Representaría a colonia britana estabelecida, no norte da Galiza, por brito-romanos emigrantes que abandonaran a illa de Bretaña, a actual [[Gran Bretaña]], fuxindo das invasións de [[anglosaxóns]] xermánicos, acaecidas entre o [[século V]] e o [[século VII|VII]].
 
Mailoc figura como bispo da [[diocese de Britonia]], lugar que os expertos identifican habitualmente coa actual parroquia de [[Bretoña, A Pastoriza|Santa María de Bretoña]], situado no concello [[Provincia de Lugo|lucense]] da [[A Pastoriza|Pastoriza]].
 
==O nome Mailoc ou Maeloc==
O seu nome indubidabelmente céltico, corresponde ao actual francés ''Maclou'', como en ''Saint Maclou'', tomado do [[Lingua bretoa|bretón]] continental, onde tal santo é tradicionalmente tido por un dos sete fundadores do cristianismo [[Armórica|armoricano]]. O onomástico latinizouse como ''Maclovius'' e aínda ''Machutus''. A forma céltica orixinaria debe ser ''Mac'h Low'', composto de «mac'h» "prenda" e «luh» "luz; brillante". Se escollemos o galés como referencia, existe en galés moderno o nome "Maelog", que os celtistas relacionan con "Mael" líder. Pode tamén estar relacionado co San Maelog que aparece nas dedicatorias das igrexas de gales e bretaña e que viviu no séc. VI e mesmo que puidese ser el, ainda que non hai máis probas que a coincidencia do nome e a data<ref>Young, Simon (2002). Britonia: Camiños novos. Toxosoutos. pp. 33-34 ISBN 8495622580. Hai outros lingüistas como o filólogo Melville Richards que suxire outras posibilidades para o nome de Maelog como Maglocunos. Richards, Melville. "Mailoc". Habis, III. 1972. p. 159</ref>.
 
==Curiosidades==
Liña 22:
 
==Notas==
{{listaref}}