North European Basketball League: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "A '''North European Basketball League (NEBL)''' foi unha liga de curta vida fundada en 1998 por Šarūnas Marčiulionis. Esta liga foi o primeiro proxecto de liga comercial r..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''North European Basketball League (NEBL)''' foi unha liga de curta vida fundada en [[1998]] por [[Šarūnas Marčiulionis]]. Esta liga foi o primeiro proxecto de liga comercial rexional de en [[Europa]], e inicialmente estaba formada polos mellores equipos de cinco países: [[Lituania]], [[Letonia]], [[Estonia]], [[Suecia]] e [[Finlandia]]. En [[1999]] tivo lugar a primeira edición, que contou con oito equipos dos países creadores. Logo a competición comezou perdendo as súas características rexionais, incluíndo equipos de Europa central ([[Polonia]], [[Chequia]]), Europa occidental ([[Dinamarca]], [[Alemaña]], [[BelxicaBélxica]], [[Países Baixos]], [[Reino Unido]]) e o Leste de Europa ([[Rusia]], [[Ucraína]], [[Bielorrusia]]); logo, do Sur de Europa ([[Bulgaria]], [[República de Macedonia|Macedonia]], [[Romanía]], [[Serbia]]) e mesmo de [[Israel]] e [[Turquía]]. Na tempada [[2001]]-[[2002|02]] participaron 31 equipos de 19 países (dende [[Israel]] a [[Reino Unido]]). A Final Four da NEBL xogouse sempre en [[Vilnius]], [[Lituania]].
 
Na tempada [[2002]] os mellores clubes coma o [[CSKA Moscova (baloncesto)|CSKA Moscova]], o [[BC Žalgiris Kaunas|Žalgiris]] ou o [[Maccabi Tel Aviv B.C.|Maccabi]] perderon o seu interese na competición en favor da nova e máis atractiva comercialmente [[Euroliga]].