O dereito á preguiza: Diferenzas entre revisións

obra literaria de Paul Lafargue
Contido eliminado Contido engadido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de abril de 2010 ás 13:57

O dereito á preguiza (en francés Le droit à la paresse) é un ensaio utópico do autor francés Paul Lafargue, o seu primeiro traballo teórico, redactado en Inglaterra en 1880 para a súa primeira publicación no xornal L'Egalité, e posteriormente como folleto en 1883.

Dereito á preguiza
Título orixinalLe droit à la paresse
Autor/aPaul Lafargue
Linguafrancés
Xénero(s)Ensaio
Data de pub.1880
editar datos en Wikidata ]

Na obra Lafargue realiza unha critica marxista do sistema económico xurdido do capitalismo, cuxo desenvolvemento desembocaría nunha crise de superprodución, causa de paro e miseria entre a clase traballadora. Lafargue propón acadar, mediante a xeralización do uso das máquinas e a redución da xornada laboral, o estadio dos dereitos do benestar co que culminaría a revolución social, e cuxa sociedade pode consagrar o seu tempo ás ciencias, a arte e a satisfacción das necesidades humanas elementais.

Edicións

O dereito á preguiza acadou unha gran popularidade entre os partidarios e críticos co movemento obreiro Europa a finais do século XIX polo seu estilo irónico e contido polémico, para máis tarde significarse como unha das obras literarias de maior relevancia de Francia.

Trala revolución rusa e co auxe do pensamento partidario das políticas soviéticas do produtivismo, que é criticado na obra de Lafargue, o texto foi relegado até que trala Segunda Guerra Mundial foi redescuberto para a súa reedición e reivindicación por sectores moi dispares, abandonando a súa condición de obra ideolóxica para converterse en patrimonio universal.

O pensamento de Lafargue

N' O dereito á preguiza, o autor fai unha defensa do soño da abundancia e o goce, e da liberación da escravitude do traballo, empregando a paradoxa como figura estilística para explicar mellor a doutrina marxista entre a clase obreira do seu tempo. Tomado como oposición á declaración do dereito ao traballo de 1848 (o subtítulo do libro é Réfutation du «Droit au travail» de 1848), Lafargue defende que o traballo é o resultado dunha imposición do capitalismo, contrariamente á idea tradicional de reivindicación obreira, contrapoñendo o dereito á preguiza, máis acorde cos instintos da natureza humana, cos que se acadarían o dereito ao benestar e a culminación da revolución social.

Lafargue analiza as consecuencias da crise de superprodución que consideraba inevitable no sistema económico burgués, e que se manifestarían pola ruína do capitalismo, o paro e a miseria da clase operaria. Nun estadio previo, Lafargue considera e critica conceptos como o sobreconsumo, a existencia dunha clase doméstica de consumidores improdutivos, ou a creación de necesidades e mercados ficticios cos que o sistema capitalista facilitaría a saída e redución de vida útil dos produtos.

Lafargue conclúe que é necesaria a redución das xornadas laborais a "3 horas como máximo", e a mellora da capacidade adquisitiva da clase traballadora como solucións ás crises de superprodución periódicas, pero opoñéndose ao interese capitalista polo beneficio económico e apuntaba como exemplo as políticas realizadas entón en Inglaterra e os EUA en favor do maquinismo.

Non obstante, para Lafargue o maquinismo ou a introdución das máquinas nun sistema capitalista podería xeralizar o paro e a miseria, mentres que no triúnfo revolucionario, representarían o instrumento básico para "traballar o menos posible e disfrutar intelectual e fisicamente o máis posible".

Influencia

O dereito á preguiza permitiu precisar os argumentos do pensamento de Lafargue en contra das teses de economistas teóricos do capitalismo, polo que tivo unha grande acollida entre o marxismo e o anarquismo. Máis tarde, tralas reedicións da década de 1970, a obra foi estudada polos teóricos da sociedade do ocio, sendo unha obra considerada como precursora das súas doutrinas en favor de reducir a xornada laboral e consagrar mayior tempo ás ciencias, artes e necesidades imprescindibles.

Crítica

Para Pérez Ledesma, malia o rigor central de Lafargue, cae con frecuencia no uso de tópicos e apoloxías nas súas análises das formas de vida preindustriais que se axustan pouco á realidade histórica. Noutros fragmentos da súa obra tamén se recurre a caracterizacións étnicas coas que distingue aos diferentes pobos para os que o traballo é unha necesidade, aos que el considera libres á vez que demostra unha desconsideración cara aos traballos manuais na mesma liña que os filósofos da época clásica asentados entón nun sistema económico baseado no escravismo.

Bibliografía