BC Khimki: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Equipo de basquet | cor1 =yellow | cor2 =blue | nome = BC Khimki Moscow Region<br />Баскетбольный клуб Химки | logo = | imaxe = | liga = [[Liga de balonces..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de abril de 2010 ás 12:06

Modelo:Equipo de basquet El BC Khimki Moscow Region (en ruso Баскетбольный клуб Химки, Basketbolny klub Jimki; moitas veces escrito coa transliteración inglesa BC Khimki) é un equipo de baloncesto profesional da cidade de Khimki, pertencente ao Óblast de Moscova, que actualmente milita na Superliga rusa.

Historia

O club foi fundado o 5 de xaneiro de 1997, e na súa primeira tempada proclamouse campión da súa rexión, o que lle permitiu loitar e acadar unha praza para a seguinte edición da Superliga rusa.

Na tempada seguinte, o club rematou entre os dez mellores equipos da Superliga, o que lle dou dereito a participar na seguinte edición da Copa Korac, sendo a primeira das súas participacións en competicións europeas. Nos anos seguintes, o club ocupou os postos da metade da táboa da Superliga do seu país ata que na tempada 2002-03 o seu brillante xogo levouno a finalizar cuarto na competición.

A partires daquela, o club investiu unha grande cantidade de cartos en fichar a xogadores de recoñecido prestixio internacional coma Gianmarco Pozzecco, Óscar Torres ou Rubén Wolkowyski. Esto levounos a dar un salto cualitativo que culminou coa desputa da final da EuroChallenge do 2006 ante o Joventut de Badalona, na que caeron por 88-63.

Na tempada 2007-08, o club fíxose co seu primeiro título oficial ao proclamarse campión da Copa rusa.

Na actualidade o Khimki BC está tentando converterse nun dos clubes máis importantes, non só de Rusia senon de toda Europa,[1] para o que está investindo cantidades enormes de cartos en confeccionar unha plantilla coa que poder optar a gañar tódalas competicións nas que participa, fichando a xogadores con roles importantes na NBA coma os internacionais por Arxentina e España: Carlos Delfino e Jorge Garbajosa.

Dende Decembro de 2008 o adestrador do equipo é o italiano Sergio Scariolo.[2]

Referencias

Ligazóns