Literatura medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Liña 1:
[[Ficheiro:Hildegard_von_Bingen_Liber_Divinorum_Operum.jpg|thumb|230px|Manuscrito do ''Liber Divinorum Operum'' de [[Hildegard von Bingen]] ([[século XIII|s. XIII]]).]]
'''Literatura medieval''' é un termo empregado para referirse a todos aqueles traballos escritos principalmente en [[Europa]] durante a [[Idade Media]], isto é, durante os aproximadamente mil anos transcorridos desde a caída do [[Imperio Romano de Occidente]] até os inicios do [[Renacemento]] a finais do [[século XV]]. A [[literatura]] deste tiempo estaba formada basicamente de escritos [[relixión|relixiosos]] e traballos [[segrar]]es. Igual que na [[literatura moderna]], é un tema de estudo amplo e complexo, que abrangue desde os escritos máis sagrados até os máis profanos. Por mor da gran amplitude espacial e temporal deste período é difícil falar da literatura medieval en termos xerais sen caer en simplificacións. Por esta razón, é máis axeitado caracterizar as obras literarias polo seu lugar de orixe, a súa lingua ou o seu xénero.
 
== Anonimato ==
[[Ficheiro:Codex Calixtinus (Liber Sancti Jacobi) F0173k.jpg|thumb|left|170px|O ''[[Codex Calixtinus]]'' está atribuído a numerosos autores.]]
Unha gran cantidade de obras pertencentes á literatura medieval son [[anonimato|anónimas]]. Isto non se debe unicamente á falta de documentos deste período, senón tamén a que o papel que xogaban os [[autor]]es naquela época difire considerabelmente da interpretación [[romanticismo|romántica]] do termo na actualidade. Os autores medievais estaban sometidos con frecuencia aos escritores [[Antigüidade clásica|clásicos]] e aos [[Pais da Igrexa]] Católica, e tendían a re-escribir historias, que tiñan ouvido ou lido, máis que a crear historias novas. E incluso cando creaban unha nova historia, non adoita quedar claro quen era o autor, xa que atribuían certas ideas a outros libros doutros autores. Isto fai que o nome dos autores individuais sexa pouco ou nada importante, e por iso os grandes traballos da época nunca son atribuídos a unha persoa en concreto.
 
== Literatura relixiosa ==
[[Ficheiro:SummaTheologiae.jpg|thumb|right|180px|A ''[[Summa Theologiae]]'' de [[San Tomé de Aquino]].]]
Os traballos relacionados coa teoloxía foron o tipo de literatura dominante ao longo da Idade Media; o [[clero]] [[católico]] era o centro intelectual da sociedade nesta época, razón pola que a sua produción literaria foi, con diferenza, a máis produtiva.
 
Liña 14:
A ''[[Lenda Dourada]]'' de [[Santiago de la Vorágine]] alcanzou tal popularidade que, no seu tempo seguramente se leu máis que a [[Biblia]]. [[San Francisco de Asís]] foi outro prolífico poeta e os seguidores da sua orde, os [[franciscano]]s, acostumaban escribir poemas como unha expresión da sua piedade. As obras ''[[Dies Irae]]'' (Día da Ira) e ''[[Stabat Mater]]'' (Estaba a Mai) son probabelmente dous dos mellores poemas latinos en materia de relixión. A [[Literatura goliardesca|poesía goliárdica]] (estrofas de catro liñas de versos satíricos) foi unha forma de arte utilizada por alguns cregos para expresaren o seu desacordo nalgún tema. O único escrito relixioso amplamente estendido e non escrito por cregos foron os [[Xogo misterioso|xogos misteriosos]]: perdendo co tempo promulgacions simples do ''[[tableaux]]'' dunha escena bíblica soa, cada [[Auto sacramental|auto]] relixioso converteuse na expresión do seu pobo dos acontecementos cruciais na Biblia. O texto destas obras teatrais normalmente controlábano as [[confraría]]s locais, e os autos relixiosos eran levados a cabo regularmente en días festivos determinados, con frecuencia durando todo o día e parte da noite.
 
Durante a Idade Media, a poboación [[pobo xudeu|xudía]] residente en Europa tamén produciu un certo número de escritores destacados. [[Maimónides]], nacidonado en [[Córdoba]], ([[España|Córdoba]]), e [[Rashi]], nacidonado en [[Troyes]] ([[Francia]]), son dous dos máis coñecidos e que máis influencia tiveron entre os autores xudeus.
 
== Literatura profana ==
[[ficheiroFicheiro:Beowulf.firstpage.jpeg|thumb|left|Primeira páxina do ''[[Beowulf]]''.]]
A literatura [[laico|laica]] neste período non foi tan produtiva como a literatura relixiosa, pero gran parte do material sobreviviu e posuímos hoxe unha gran cantidade de obras da época críticas coa corrupción do clero.
 
O tema do ''[[amor cortés]]'' cobrou importancia no [[século XI]], especialmente nas [[Lingua romance|linguas romances]], principalmente o [[Lingua francesa|francés]], o [[Lingua española|español]], o [[lingua provenzal|provenzal]], o [[lingua galega|galego]] e o [[lingua catalá|catalán]], e nas [[lingua grega|linguas gregas]], onde os cantantes ambulantes — os [[trobador]]es — gañaban a vida coas suas cancions. Os escritos dos trobadores acostuman ir asociados ao amor non correspondido, pero non sempre é así, como se pode ver na ''[[Alborada (poema)|Alborada]]''. En [[Alemaña]], o [[Minnesänger]] continuou a tradición dos trobadores.
 
[[Ficheiro:Martim Codax Cantigas de Amigo.jpg|thumb|200px|O [[pergamiño Vindel]] posúe letra e música das cantigas de [[Martín Codax]].]]
Ademais dos poemas épicos típicos da tradición alemá, como o ''[[Beowulf]]'' oo o ''[[Cantar dos nibelungos]]'', outros poemas épicos incluidos dentro dos ''[[cantar de xesta|cantares de xesta]]'' como o ''[[Cantar de Rolando]]'' e o ''[[Digenis Acritas]]'', que tratan sobre a [[Materia de Francia]] e as cancions acríticas respectivamente, e os amoríos corteses á maneira da cortesía [[romance]], que tratan sobre a [[Materia de Bretaña]] e a [[Materia de Roma]], lograron alcanzar unha gran popularidade. O ''romance cortés'' non se distingue unicamente dos ''cantares de xesta'' polos temas tratados, senón tamén pola súa énfase no amor e no código de honor da [[cabalaría]], en lugar de se centrar en accions de [[guerra]].
 
Tamén se poden encontrar neste período poesías políticas, especialmente a finais da Idade Media, escritas tanto por cregos como por escritores laicos, que utilizaban a forma do [[Literatura goliardesca|goliárdico]]. A literatura de viaxe tamén foi moi popular nesta época, co obxectivo de entreteren a sociedade con historias de fabulosas terras máos alá das fronteiras que a maioría das personas nunca cruzaran. Cabe salientar a importancia das [[peregrinaxe]]s nesta época, especialmente a [[Santiago de Compostela]], fonte de fábulas e historias influidas pola prominencia dos [[Contos de Canterbury]] de [[Geoffrey Chaucer]].
 
== Literatura escrita por mulleres ==
[[Ficheiro:Meister der 'Cité des Dames' 002.jpg|thumb|right|280px|Miniatura d ''[[A Cidade das donas]]'' de [[Christine de Pisan]].]]
A pesar de non estaren as mulleres medievais en igualdade de condicions cos homes (pois incluso abundaban os folletos misóxinos, aínsa que moitas seitas -como los [[cátaro]]s- ofrecían dereitos e un estatus maior á muller), algunhas mulleres foron quen de utilizar a sua habilidade coa palabra escrita para gañaren sona. A escritura relixiosa foi a opción máis doada para elas — as mulleres que eran posteriormente canonizadas como [[santo|santas]] adoitaban ter publicado as suas reflexions, as suas revelacions e as suas oracions. A maior parte dos coñecementos actuais sobre as mulleres na Idade Media conseguíronse a través dos traballos realizados por [[monxa]]s como [[Clara de Asís]], [[Bríxida de Suecia]] e [[Catalina de Siena]].
 
No entanto, as perspectivas relixiosas das mulleres foron frecuentemente calificadas de pouco ortodoxas polo poder establecido, e as experiencias místicas de autoras como [[Xuliana de Norwich]] e [[Hildegard de Bingen]] dannos unha visión dunha das experiencias medievais menos confortábeis para as instituciones que gobernaron [[Europa]] nesa época. As mulleres tamén escribiron alguns textos influíntes entre os escritos laicos — as reflexions no ''[[amor cortés]]'' e na sociedade por [[Marie de France]] e [[Christine de Pizan]] seguen sendo estudadas polos seus avanzados puntos de vista da sociedade medieval.
 
== Literatura salientábel deste período ==
[[Ficheiro:Nibelungenlied manuscript-c f1r.jpg|thumb|200px|Manuscrito do ''[[Cantar dos nibelungos]]'' (v.  [[1220]]).]]
[[Ficheiro:CSM 100.jpg|thumb|As [[Cantigas de Santa María]] veñen acompañadas da [[partitura]]]]
[[Ficheiro:ApocalypseStSeverFol148vHorsesWithHeadsOfLions.jpg|thumb|right|180px|Os cabalos con cabeza de león, [[Apocalipse de Saint-Sever]].]]
*''[[A Alexiada]]'', [[Ana Comnena]].
*''[[Digenis Acritas]]'', [[Literatura grega|autor grego]] [[anónimo]].
Liña 94:
*''[[Gesta Danorum]]'', [[Saxo Grammaticus]].
 
== Véxase tamén ==
* [[Idade Media]].
* [[Literatura]].
* [[Literatura galego-portuguesa medieval]]
* [[Literatura medieval española]].
* [[Trobadorismo]].
* [[Prosa galega medieval]]
* [[Haxiografía]].
* [[Liturxia]].
* [[Apocalíptico (xénero literario)|Literatura apocalíptica]].
* [[Arte medieval]].
 
== =Ligazóns externas ===
*[http://sunsite.berkeley.edu/OMACL/ Biblioteca clásica e medieval en liña]
*[http://www.georgetown.edu/labyrinth/labyrinth-home.html O Labirinto: Recursos para estudos medievais]
Liña 112:
*[http://www.shadowedrealm.com/ Información sobre a Idade Media e foros de discusión]
*[http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/23582843212570740987891/p0000025.htm#I_38_ ''Miragres de Santiago'' (fragmentos do Libro IV), na Biblioteca Cervantes]
 
 
[[Categoría:Literatura medieval| ]]