Historia de Iacarta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Batavia; cambios estética
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Entre [[1513]] e [[1522]] os portugueses arriban á zona e conseguen a concesión dun posto comercial con fortín, na procura de aliados por parte dos induistas fronte á amenaza do reino islámico veciño. Pero todo foi en balde : no [[1527]], o príncipe Fatahillah de Banten conquista Kelapa e a renomea ''Jayakarta'' ("gloriosa vitoria"). Asentada no lado oeste do río posuía o característico centro ritual ou alun-alun das vilas xavanesas co palacio do rey ou dalem no seu lado sur ao que os musulmáns engaden a mezquita no costado oeste. A superficie encercada sería dunhas 30 Ha.
[[Ficheiro:Wapen-Batavia.jpg|thumb|Escudo de armas das [[Indias Orientais Neerlandesas]].]]
Dende [[1596]] os [[Provincias Unidas|holandeses]] frecuentan a cidade e será en [[1610]] cando obteñan do príncipe Jayawikarta unha concesión na beira leste do río, xusto na súa desembocadura. Alí constrúen almacéns protexidos por un forte <ref>[http://www.leidenuniv.nl/fsw/nas/images/d6.gif]</ref>. Para compensar, no 1615 os británicos conseguen o mesmo dereito na beira oposta. Os conflitos no tardan en aparecer e de resultas deles, os holandeses sairán triunfantes. En 1619 destrúen Jayakarta (ou Jacatra) e na celebración da vitoria deciden nomear a súa concesión da beira dereita '''[[Batavia]]''' (polos [[Bátavos]], tributribo xermánica ancestro dos poboadores dos [[Países Baixos]]).
[[Ficheiro:Andries Beeckman - The Castle of Batavia.jpg|thumb|Castelo de Batavia cara 1656.]]
De inmediato, Jan Pieterszoon da [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]] encarga ao enxeñeiro Simon Stevin o plano duhna nova cidade. Fronte ao solar baleiro de Jayakarta na outra beira do río <ref>[http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ef/Andries_Beeckman_-_The_Castle_of_Batavia.jpg]</ref> e segundo o modelo da metrópoli, [[Amsterdam]] : unha urbe articulada mediante canais (waterstad), con parcelas alongadas e estreitos lotes entre medianeiras <ref>[http://www.engelfriet.net/Aad/NedIndie/1672batavia.jpg][http://www.ulib.niu.edu/rbsc/batavia1629.jpg]</ref>. Na segunda metade do século, o modelo duplícase ocupando o descampado de Jayakarta na outra beira. O total encercado aproxímase as 100 Ha <ref>[http://www.flc.kyushu-u.ac.jp/~michel/serv/eujap/voc/batavia/pics/batavia_1681_mx.jpg]</ref>.