Muiñeira vella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cat.
Liña 1:
A '''ribeirana''' é a denominación xenérica que recibe o [[ritmo]] de [[muiñeira]] (6/8 ou 3/8, segundo autores) na maior parte do territorio galego.
 
== Características ==
A nomenclatura utilizada maioritariamente hoxe en dia responde ás denominacións [[muiñeira nova]] (empregada para a ribeirana - 6/8 ou 3/8 acentuado normalmente) e [[muiñeira vella]] (empregada para a variante lixeiramente apuntiñada que aparece na área [[comarca de Bergantiños|bergantiñana]]), se ben non existe esta distinción léxica nos informantes. En Bergantiños emprégase "ribeirana" para definir o baile coreográfico (no que as mulleres non executan os "puntos" do baile) e o ritmo de 6/8 ou 3/8 apuntiñado; e emprégase o termo [[punteada]] para a muiñeira na que as mulleres si executan os puntos canda ós homes, podendo ser o ritmo apuntiñado ou non, segundo a zona.
 
No resto da xeografia galega emprégase indistintamente "muiñeira" ou "ribeirana", dando preferencia normalmente á última forma, salvo nas zonas da montaña luguesa onde os ritmos se executan na [[pandeira]] (non na pandeireta), onde é maioritario o emprego da forma [[moliñeira]], ou outras variantes lingüísticas.
 
==Notas==
<references />
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*
 
===Outros artigos===
*
 
===Ligazóns externas===
* [http://www.youtube.com/watch?v=U5EgyVYQsj0 Ribeirana gravada nun estudio]
 
 
[[Categoría:Muiñeira]]