Rajon Rondo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 33:
Foi elixido no post 21 do [[Draft da NBA]] de [[2006]] polos [[Phoenix Suns]], os cales inmediatamente o traspasaron aos [[Boston Celtics]]. Na súa primeira tempada como profesional foi titular e ao rematar a tempada foi incluído no segundo mellor quinteto de ''rookies'' do ano. Tamén conseguiu encabezar a clasificación de roubos de balón por 48 minutos de xogo, con 3,36, sendo décimo na clasificación global. No seu segundo ano, disputou 77 partidos da liga regular, foi elixido entre os xogadores ''sophomore'' que disputaron o partido do All Star e mellorou considerabelmente os seus promedios ata os 10,6 puntos, 4,2 rebotes e 5,1 asistencias. A pesar da chegada de [[Sam Cassell]], segue sendo o base titular dos Celtics.
 
Na [[Tempada 2008-09 da NBA|tempada 2008-09]], Rondo xogou o seu mellor baloncesto des que xoga na NBA, titular indiscutíbel na franquiciafranquía de Massachussetts, os Celtics voltaban a xogar os ''playoffs'', pero coas baixas por lesión de [[Kevin Garnett]] e [[Leon Powe]] os Celtics non pasaron das semifinais de conferencia, pese a todo na retina dos bos afeccionados ao baloncesto quedará a primeira rolda fronte aos [[Chicago Bulls]] onde o "9" dos Celtics obtivo case unha triplo dobre nos 7 partidos que durou a serie.
 
Estes ''playoffs'' podían ser un punto de inflexión na traxectoria de Rondo, un xogador que seguro que ocupará as primeiras prazas nos rankings de bases da NBA nos vindeiros anos.