Tebas, Exipto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cy:Thebes (Yr Aifft)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: cy:Thebes, Yr Aifft; cambios estética
Liña 2:
[[Ficheiro:Ancient Egypt.png|thumb|right|250px|Mapa do Antigo Exipto]]
 
'''Tebas''' (ΘηβαιΘηβαι, ''ThēbaiThēbai'') é a denominación grega da antiga cidade [[Antigo Exipto|exipcia]] de '''niwt''' ("A Cidade") ou '''niwt-rst''' ("A Cidade do Sul"). Está situada no [[Alto Exipto]], a 700 km ao sul do [[mar Mediterráneo]], na beira leste do [[río Nilo|Nilo]], no lugar que agora ocupa a actual [[Luxor]]. Era a capital de ''Waset'', o cuarto '''[[nomo]]''' do Alto Exipto, nome tamén se lle ten aplicado á cidade mesma. Foi a capital de Exipto durante parte do Imperio Medio e a maior parte do Imperio Novo.
 
== O nome ==
 
Como sede da [[mitoloxía exipcia|tríada]] de divindades [[Amón]], [[Mut]] e [[Khonsu]], Tebas coñecíase en [[lingua exipcia]] desde o Imperio Novo como ''niwt-imn'', "A Cidade de Amón". Isto chegou ao [[hebreo]], na [[Biblia]], como נאנא אמוןאמון ''nōˀnōˀ ˀāmônˀāmôn'' ([[Libro de Nahúm|Nahúm]] 3:8). Para os [[grego]]s foi ΔιοσπολιςΔιοσπολις ''Diospolis'' ou "Cidade de Zeus" (Amón identificouse con [[Zeus]]).
 
Non se sabe de onde ven o nome grego '''''Tebas'''''. Para algúns ven do nome da cidade grega do mesmo nome na [[Beocia]] ([[Tebas, Grecia]]). Para outros foi derivado a partir do exipcio ''t3 ipt-swt'' ("O Máis Escollido dos Lugares"), un dos nomes do templo de Luxor, ou de ''Djeme'' (Medinet Habu). Pero nada é seguro.
 
== Historia ==
 
'''Waset''' era pouco máis que unha vila de provincias durante o Imperio Antigo. Fican duas [[mastaba]]s construídas con tixolos durante as III ou IV dinastías e un pequeno grupo de tumbas das V e VI dinastías; daquela as residencias reais e as tumbas, tanto reais como nobiliares, construíanse en [[Saqqara]], perto de [[Menfis]]. Os edificios máis antigos que existen hoxe en día fan parte do complexo de templos de [[Karnak]] e datan do Imperio Medio, ainda que se atopou unha estatua de Niuserre, [[faraón]] da V dinastía, polo que se supón a existencia de polo menos un templo do Imperio Antigo.
Liña 22:
Durante o Terceiro Período Intermedio, o Sumo Sacerdote de Amón enfrentouse aos faraóns da XXI e XXII dinastías que gobernaban desde o delta. A influencia de Tebas declinou a partir de entón.
 
== Monumentos ==
 
Na marxe leste están a parte principal da vila e os templos máis importantes. Na marxe oeste estaban a necrópole coas tumbas e os templos funerarios, así como o bairro de Deir el Bahri, os templos funerarios de [[Mentuhotep]] e [[Hatshepsut]], o templo de Amón de [[Tutmosis III]], o [[Ramesseum]] de [[Rameses II]] e outros templos funerarios, como o de [[Seti I]] e [[Amenhotep III]] cos [[Colosos de Memnon]].
 
=== Beira leste ===
* [[Karnak|Templo de Karnak]]
* [[Templo de Luxor]]
 
=== Beira oeste ===
* [[Val dos Reis]]
* [[Val das Raíñas]]
* [[Medinet Habu]] (templo funerario de [[Ramsés III]])
* [[Ramesseum|O Ramesseum]] (templo funerario de [[Ramsés II]])
* [[Deir al-Madinah]] (vila dos traballadores)
* [[Tumbas dos Nobres]]
* [[Deir el-Bahri]] (templos de [[Montuhotep II]], [[Hatshepsut]], etc.)
* [[Malkata]] (palacio de [[Amenhotep III]])
* [[Colosos de Memnon]] (templo funerario de [[Amenhotep III]])
 
== Vínculos externos ==
 
* [http://www.thebanmappingproject.com/O Proxecto Cartográfico Tebano (en inglés)]
 
[[Categoría:Exipto]]
Liña 54:
[[ca:Tebes (Egipte)]]
[[cs:Veset]]
[[cy:Thebes, (Yr Aifft)]]
[[da:Theben (Egypten)]]
[[de:Theben (Ägypten)]]