Efecto Doppler: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 7:
No caso do [[espectro visible]] da [[liña espectral|radiación electromagnética]], co obxecto emisor (normalmente unha [[galaxia]]) alonxándose do observador, o espectro de emisión/absorción contido na luz emitida semella terse desplazado a unha [[frecuencia]] mais longa, corréndose ao vermello as [[liñas de Fraunhofer]]. Cando se achega o obxeto emisor ao observador, o espectro de emisión/absorción contido na luz emitida presentase nunha frecuencia mais curta, corréndose ao azul. Esta desviación ao vermello ou o azul é moi feble incluso para velocidades elevadas da fonte emisora, como nas velocidades relativas entre estrelas ou entre galaxias, e o ollo humán non pode captalo -a ollo nú-, somentes pode medilo indirectamente con instrumentos de precisión como o [[espectrómetro]].
 
Se o obxecto emisor poidese moverse a fraccións significativas da [[velocidade da luz]], entón sí podería apreciarse de forma directa, a ollo nú. Notese que na [[Teoría da relatividade|Teoría da relatividade especial]] a luz ten velocidad constante no baleiro (con frecuencia e lonxitude de onda constantes) polo que neste caso o espectro de emisión/absorción do obxecto parecería frearse,invertíndose, no límite do infravermello ou do ultravioleta (non o traspasaría porque nese caso, <math> \ E = m \cdot\ {c^2} </math>, convertiríase a masa do obxecto en enerxía pura ao chegar a velocidade da luz, desaparecendo as liñas de absorción do espectro da luz segundo a interpretación ortodoxa da relatividade especial), o efecto chámase [[efecto doppler relativista|doppler relativista]] e produce aberración lumínica, con inversión do corremento ao vermello e ao azul, e con respecto a un observador en repouso unha dilatación espazo-temporal.
 
== Casos cotiáns de Doppler acústico ==