Miguel Mihura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Paradanta (conversa | contribucións)
Liña 17:
 
== ''Tres sombreros de copa'' ==
 
''Tres sombreros de copa'' é unha obra [[vangarda|vangardista]], próxima ao [[Teatro do absurdo]], que foi rexeitada repetidamente por empresarios, directores e actores, o que amosa a inviabilidade dun teatro novo na España daqueles anos. No [[1953]], un ano despois do seu estreo e 21 logo de que a escribise, recibe por ela o Premio Nacional de Teatro. Porén, o público "normal" segue a rexeitala, sendo representada por grupos universitarios que a vían como bandeira de inconformismo (o que non deixa de ser paradóxio se temos en conta a filiación fascista que mantivo o autor nos anos da Guerra Civil).
 
O tema central da obra é a frustación, pero se trata dunha frustración absurda, estúpida. O seu protagonista, Dionisio, gris e convencional, vai casar. Mais, de súpeto, coñece a Paula, que o introducirá noutro mundo, noutra vida, revelándolle unha liberdade paradisiaca. Opóñense así dous mundos: o de Dionisio, prosaico e ridículo, e o de Paula, poético e fermoso. Finalmente, Dionisio, non é quen de rachar coa presenza do sistema, encarnado por Don Sacramento, e déixase engolir pola sociedade, perdendo a oportunidade de ser ceibe para ser feliz.
 
O enfoque, non obstante, non é estritamente social, senón máis ben humorístico, ridiculizando aos personaxes. Deste xeito, o que ben podía dar lugar a unha [[traxedia]], desemboca finalmente nunha [[farsa]].
 
Estamos, pois, perante unha obra precursora do Teatro do absurdo de autores coma [[Eugene Ionesco]], recoñecio polo propio Ionesco. A obra lembra, en moita das súas pasaxes, unha película dos [[irmáns Marx]] ou de [[Woody Allen]].
 
==Véxase tamén==