Miguel Mihura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Paradanta (conversa | contribucións)
Liña 14:
== Traxectoria literaria ==
 
A súa primeira obra, ''Tres sombreros de copa'', malia que foi escrita no 1932, non foi publicada ata o [[1947]], estreándose no [[1952]]. Isto provoca unha fonda decepción no autor, que decide facer, segundo palabras súas, "teatro comercial ou de consumo ao alcance da mentalidade burguesa que, con razón, non quere romperse a cabeza logo de pechar o seu negocio". É evidente que a súa produción posterior está por embaixo do que supuxo ''Tres sombreros de copa'', minguando a súa imaxinación, a súa forza creadora, o seu inconformismo e renunciando a certas audacias de expresión poética e humor insólito. En palabras súas, o seu teatro posterior está destinado a "ocultar o meu pesimismo, a miña melancolía, o meu desencanto por todo". Con todo, nalgunhas desas obras (''Sublime decisión'', 1955, ''Maribel y la extraña familia'', 1959, e ''La bella Dorotea'', 1963), déixase albiscar a denuncia do choque entre individuo e sociedade, motivo dun radical descontento perante un mundo de convencións que aflixen ao home e impídenlle ser feliz. O resto das obras están impregnadas de conformismo e do seu desexo de pregarse aos gustos [[burguesía|burgueses]] na procura do éxito.
 
== ''Tres sombreros de copa'' ==
 
==Véxase tamén==