Substantivo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Modificado: an:Substantivo
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mhr:Лӱммут; cambios estética
Liña 21:
== Clasificación ==
=== Clasificación por xénero ===
* Substantivos masculinos (Véxase [[Masculino e feminino en galego]])
* Substantivos femininos
* [[Neutro#Étimos neutros latinos|Listado de substantivos latinos neutros]]
 
=== Clasificación por número ===
* Substantivos singulares (Véxase [[Normativa oficial do galego - Formación do plural]])
* Substantivos plurais
 
== Outras clasificacións ==
* '''Substantivos comúns''': Permiten nomear a tódalas persoas, animais ou cousas da mesma clase ou especie, sen particularizar o seu significado como home, cabalo, casa. Agrupan os obxectos que denominan polas súas características, sen expresar trazos distintivos. Por iso, considéranse substantivos xenéricos.
* '''Substantivos propios''': Distinguen ou particularizan a cada individuo dos demais dunha mesma clase, especie ou xénero. Aplícanse a un só ser, persoa, animal ou cousa. Por iso, considéranse substantivos individuais. Os nomes das persoas e dos países son nomes propios. Os substantivos propios escríbense sempre con letra inicial maiúscula.
 
* '''Substantivos concretos'''
* '''[[Substantivos abstractos]]'''
 
* '''Substantivos individuais''': Son substantivos que na súa forma singular, nomean a un só ser como ''pluma, árbore, rosa''. Designan a un único ser, pero admiten o [[morfema]] do plural para designar a máis dun.
* '''Substantivos colectivos:''' Son substantivos que posuíndo unha estrutura de singular, nomean a un conxunto de número indeterminado de seres ou cousas como ''plumaxe, bosque, rosaleda, xentío, xentío, bandada, coro, alameda''. Teñen inherente a idea de pluralidade sen necesitar un morfema que o exprese, pero non no sentido dun máis un, senón en canto a conxunto colectivo formado por varias unidades da mesma cousa designada.
 
* '''Substantivos simples''': Son os substantivos que están formados por unha soa palabra.
* '''Substantivos compostos:''' Son substantivos que están formados por dúas palabras simples, por exemplo ''lavalouza, anteollos, pararraios, crebanoces, augardente.''
 
* '''Substantivos primitivos''': As palabras primitivas son as que serven de cabeza de serie a unha familia léxica, funcionando como raíz das palabras derivadas deles. Os substantivos primitivos só están formados por un [[lexema]] básico e optativamente por morfemas de xénero e número. Por exemplo ''pan.''
* '''Substantivos derivados:''' As palabras derivadas nacen das primitivas, cando se lles engade [[sufixo]]s, por exemplo ''panadería, panadeira''. Hai distintos tipos de nomes derivados que son:
::* '''Substantivos aumentativos:''' Son os substantivos que designan a persoas, animais, cousas ou fenómenos de gran tamaño ou alto grao de intensidade, por exemplo ''homazo, mullerona.''
::* '''Substantivos diminutivos:''' Son os substantivos que designan a persoas, cousas, animais e fenómenos que se caracterizan pola súa pequeneza ou menor grao de intensidade, por exemplo ''neniña, gatiño, mazanciña.''
::* '''Substantivos despectivos:''' Son os substantivos que designan a persoas, animais, cousas e fenómenos que son tratados con desprezo ou desdén, ou vistos como inferiores, por exemplo ''plantucha, libraco.''
::* '''Substantivos [[xentilicio]]s:''' Son os substantivos que se derivan do lugar de nacemento (país, rexión ou estado) de persoas, animais ou cousas, por exemplo, ''español, panameño, arxentino, danés.''
::* '''Substantivos [[patronímicos]]:''' Son os substantivos que se derivan dalgún nome propio. Por exemplo os apelidos de orixe española formáronse orixinariamente a partir do nome de pía. Normalmente acaban en '''-ez'''. Dáse o nome de patronímicos a tódolos apelidos. Por exemplo de Gonzalo > González, de Fernando > Fernández.
 
* '''Substantivos animados:''' Nomean seres considerados viventes, por exemplo ''can, gato, home, persoa, pícaro, Anastasio''.
* '''Substantivos inanimados:''' Nomean seres inertes, por exemplo, ''papel, cristal, pedra, cigarro, carta''.
 
* '''Substantivos contables ou discontinuos:''' Sinalan entes que se poden contar, por exemplo ''cinco nenos, tres rochas, trece euros''. Os substantivos contables combínanse con cuantificadores plurais sen alterarse semanticamente.
* '''Substantivos incontables, continuos ou de materia:''' Sinalan realidades que non se poden contar salvo ao referirse a clases ou variedades distintas, por exemplo leite, ''humor, aire, fume, lixo''. Os substantivos incontables soamente poden combinarse con cuantificadores en singular sen modificar o seu significado. Só admiten numerais cardinais ou cuantificadores plurales cando indican unha clase ou modalidade. Por exemplo: ''tres vasos de leite - moitos vasos de leite - moito leite''. ''Os fumes emitidos polos ácidos adoitan ser daniños''. Existen casos en que substantivos incontables teñen distintos significados ou matices en plural, por exemplo ''aires de grandeza, aires de cambio, malos fumes, augas cálidas, augas internacionais''.
 
== Véxase tamén ==
* [[Exercicios de gramática sobre singular e plural en galego]]
* [[Substantivación]]
* [[b:Curso de lingua galega/O substantivo|O substantivo]] en Wikibooks ([[b:Curso de lingua galega|Curso de lingua galega]]).
 
[[Categoría:Morfosintaxe]]
Liña 106:
[[lt:Daiktavardis]]
[[lv:Lietvārds]]
[[mhr:Лӱммут]]
[[mk:Именка]]
[[ml:നാമം]]