Espectroscopia astronómica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 66:
== Nebulosas ==
 
nos primeiros tempos da astronomía telescópica, a palabra [[nebulosa]] usábase para describir calquera mancha borrosa que no parecese unha estrela. Moitas destas, coma a [[Nebulosa de Andrómeda]], tiñan espectros que se parecían moito ós estelares, e acabaron resultando ser [[Galaxia|galaxias]]. Outras, coma a [[Nebulosa Ollo de gato]], tiñan espectros moi diferentes. Cando [[William Huggins]] observou a Ollo de Gato, non atopou un espectro continuo coma o do Sol, senón só unhas poucas [[Liña expectralespectral|liñas de emisión]] fortes. Estas liñas non se correspondían con ningún elemento terrestre coñecido, e igual que sucedera co [[helio]] que fóra identificado no sol, os astrónomos suxeriron que as liñas debíanse a un novo elemento, '''nebulio''' (chamado ocasionalmente ''nebulo'' ou ''nefelio''). En realidade, na década de 1920 descubriuse que as liñas debíanse ó [[osíxeno]], un elemento moi familiar. Pero as nebulosas están normalmente moi [[Baleiro|enrarecidas]]; son moito menos densas có mellor baleiro conseguido na Terra. Nestas condicións, os átomos compórtanse dun xeito moi diferente e pódense formar liñas que non se forman a densidades normais. Estas liñas coñécense coma ''liñas prohibidas'' e son as máis potentes na meirande parte dos espectros nebulares.
 
== Galaxias ==