Reino de Granada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 21:
|líder1 = [[Muhammad ibn Nasr|Alhamar]]
|ano_líder1 = [[1238]]-[[1273]]
|líder2 = [[MuhamadMuhammad XII de Granada|Boabdil]]
|ano_líder2 = [[1486]]-[[1492]]
|m
}}
O '''Reino de Granada''', foi un [[estado]] [[Islam|islámico]] da [[Idade Media]] situado no sur da [[Península Ibérica]], con capital na cidade de [[Granada, España|Granada]]. Foi fundado en [[1238]] polo [[nazarí]] [[Mohamed-Ben-Nazar|Muhammad ibn Nasr]] (Alhamar), o seu derradeiro rei foi [[MuhamadMuhammad XII de Granada|MuhamadMuhammad XII]], máis coñecido coma '''Boabdil o Chico''', derrocado polos [[Reis Católicos]] o [[2 de xaneiro]] de [[1492]] tras a toma da cidade de Granada, que puxo fin a [[Guerra de Granada]]. Tras isto, o reino foi incorporado á [[Coroa de Castela]] baixo o nome de [[Reino Cristián de Granada]]. O reino nazarí de Granada foi o último estado de [[al-Ándalus]].
 
==Historia==
[[Ficheiro:Granada 1492 Detail.jpg|thumb|left|250px|Encontro de [[MuhamadMuhammad XII de Granada|Boabdil]] cos [[Reis Católicos]] tras a derrota do Reino de Granada.]]
Tras a derrota [[almohade]] en [[1212]] na [[Batalla das Navas de Tolosa]], comeza a tomar importancia no sueste de [[al-Ándalus]] a dinastía [[nazarí]], linaxe de orixes árabes cuio fundador foi [[Muhammad ibn Nasr|Alhamar]], quen se proclamou sultán no [[1232]], sendo recoñecido como tal polas [[oligarquía]]s de [[Guadix]], [[Baza]], [[Xaén]], [[Málaga]] e [[Almería]]. No [[1234]] declarouse vasalo do poder de [[Córdoba]], pero en [[1236]], [[Fernando III de Castela|Fernando III]] conquista dita cidade e Alhamar se fixo vasalo do rei castelán, o que lle permitíu conservar a súa independenza. No [[1238]] Alhamar ampliou os seus dominios conquistando [[Granada]], pero no [[1246]] Fernando III arrebatoulle Xaén, para consolidar as súas conquistas no val do [[Guadalquivir]], o que obriga a [[Muhammad ibn Nasr|Alhamar]] a firmar o Pacto de Xaén, no que recoñecía o rei cristián como señor daquel territorio e se obrigaba a pagar as [[paria]]s para conseguir paces de vinte anos.
 
No [[1305]] los nazarís conquistaron [[Ceuta]] aínda que no [[1309]] o [[Reino de Fez]] a reconquistou grazas á axuda dos [[Reino de Aragón|aragoneses]]. No [[1325]], tras o asasinato do seu pai [[Ismail I de Granada]], En 1325, tras el asesinato de su padre Ismail I de Granada, Muhammad IV accedeu ao trono de Granada. No [[1333]], arrebatou [[Alxeciras]] e [[Xibraltar]] aos casteláns, aínda que non puido disfrutar dos seus éxitos militares posto que foi asasinado ese mesmo ano, aos 18 anos de idade, sendo sucedido polo seu irmán menor Iusuf I. No [[1348]] os nazarís conquistaron [[Ceuta]] por segunda vez e a volveron perder no [[1387]]. Tras isto, o reino queda baixo o goberno de distintos soberanos que foron incapaces de manter o control do territorio. Sucedéronse as disputas dinasticas ata que no ano [[1492]], durante o goberno de [[MuhamadMuhammad XII de Granada|Boabdil]], os [[Reis Católicos]] puxeron fin ao reino conquistando a capital e facendo que o rei capitulase ante os soberanos cristiáns ese mesmo ano.
 
==Véxase tamén==