Asimilación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: stq:Assimilation (Phonetik); cambios estética
Liña 1:
A '''asimilación''' é un proceso de [[cambio fonético]] típico polo cal a pronuncia dun segmento de lingua se acomoda á pronuncia doutro, nunha mesma palabra (ou no limite da mesma), así que se dá lugar un cambio no seu son. A asimilación consiste en que un segmento modifica a súa [[articulación]] para semellarse nalgún [[trazo fonolóxico|trazos fonolóxicos]] a outro segmento adxacente ou próximo.
 
== Descrición ==
Un exemplo de asimilación poden se-las palabras ''*eí, *eiquí'' ou ''*samáforo''. Un proceso relacionado é a [[coarticulación]], na cal un segmento inflúe ó outro e prodúcelle unha variación alófona, como as vogais que adquiren o timbre nasal ([[nasalización]]) ante consonantes deste tipo cando o veo do padal se abre antes, ou a labialización, velarización, etc de certas consonantes. Este artigo describirá ambos procesos os englobando no termo xeral de asimilación.
 
Os mecanismos fisiolóxicos ou psicolóxicos da coarticulación non son do todo descoñecidos, apuntáronse por exemplo leis de mínimo esforzo ou emprego de menor enerxía articulatoria. A miúdo falamos indirectamente dun segmento fonémico como "desencadeante" do cambio asimilatorio noutro.
 
=== Modos de asimilación: precedencia e adxacencia ===
A asimilación dáse tanto en condicións de adxacencia estrita , e pódese dar respecto do fonema anterior (progresiva ou "de esquerda a dereita") ou do fonema posterior (regresiva, "de dereita a esquerda" ou anticipatoria). Pódense distinguir os seguintes tipos de asimilación
 
* '''Asimilación regresiva por adxacencia''' ou anticipatoria, cando un fonema se articula con trazos fonéticos do fonema inmediatamente posterior.
* '''Asimilación progresiva por adxacencia''', cando un fonema se articula con trazos fonéticos do fonema inmediatamente precedente.
* '''Asimilación regresiva e por proximidade''', cando un fonema se articula con trazos fonéticos un fonema próximo posterior.
* '''Asimilación progresiva e por proximidade''', cando un fonema se articula con trazos fonéticos un fonema próximo precedente.
* '''Asimilación recíproca''', que é unha asimilación dobre en dous fonemas adxacentes sufrindo o primeiro asimilación progresiva e o segundo asimilación regresiva.
 
Liña 19:
Un caso particular de asimilación é a '''labialización''', que consiste en que unha vogal se redondea (labializa) por contacto con sons consonánticos labiais: levar/*lovar, fermento/*formento...
 
== Véxase tamén ==
 
* [[Labialización]]
Liña 59:
[[ru:Ассимиляция (лингвистика)]]
[[sr:Једначење сугласника по звучности]]
[[stq:Assimilation (Phonetik)]]
[[sv:Assimilation (lingvistik)]]
[[uk:Асиміляція (мовознавство)]]