Rajon Rondo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 23:
 
== Traxectoria ==
=== Instituto ===
Xogou o Torneo Junior de Hospitalet no ano 2004 xunto ao tamén NBA [[Josh Smith]].
 
=== Universidade ===
Pasou dous anos na [[Kentucky Wildcats|Universidade de Kentucky]], onde foi peza chave na vitoria de varios partidos nos últimos segundos, coma contra [[Louisville Cardinals|Louisville]] ou [[South Carolina Gamecocks|South Carolina]], pero o seu equipo non puido alcanzar a Final Four da [[NCAA]] en ningunha das dúas tempadas. Foi incluído no mellor equipo de novatos da [[Southeastern Conference]], e conseguiu o record de roubos de balón nunha tempada da súa universidade. A morte de Spencer Ronson, un dos seus mellores amigos, marcou a súa infancia e a partir de aí centrouse máis na súa traxectoria deportiva e afastouse das rúas (leva unha tatuaxe dedicado a el).