Educación infantil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
LucienBOT (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:Educación Infantil en España; cambios estética
Liña 10:
* A importancia da atención á diversidade e a coordinación coas familias.
 
== Fundamentación ==
A Educación Infantil considera o neno coma un ser con características especiais, propias, nun estadio particular de desenvolvemento (ou seguindo a Piaget dous estadios: o [[sensoriomotor]] primeiro e o [[preoperacional]] despois), e que han de coñecerse. Así póñeno en valor coma un ser unitario biolóxica, psíquica e socialmente diferente e irrepetible, que está en veloz e continuo desenvolvemento, que dentro deste desenvolvemento constrúe de maneira activa e que é sexuado. Todo isto contrasta coas consideracións tradicionais que se facían do neno pequeno.
Para explicar este desenvolvemento infantil apóaise en dúas teorías [[construtivistas]]: as teorías xenético-cognitivas de Piaget e as xenético-dialécticas de Vygotsky. É dicir, o neno constrúe e desenvólvese grazas a:
* A actividade ou as actividades autoestruturantes (segundo Piaget), mediante as que incide nas súas propias estruturas internas ou esquemas de acción.
* A interacción co medio sociocultural de maneira activa. É o que Vygotsky denomina paso do nivel intersicolóxico ó intrasicolóxico.
 
Estas teorías psicopedagóxicas que sustentan os postulados da Educación Infantil tamén resaltan a importancia de:
Liña 22:
* O desenvolvemento da linguaxe verbal e non verbal.
 
== Estrutura ==
De carácter gratuíto pero non obrigatoria, está formada por dous ciclos educativos de tres cursos académicos cada un, que se denominan:
* Primeiro ciclo (0-3 anos), que aínda non é ofertado polo [[MEC]].
Liña 32:
* Linguaxes: Comunicación e representación.
 
== Obxectivos ==
O Real Decreto 1630/06/06 establece coma o seu obxectivo principal o “Acadar un desenvolvemento integral e harmónico da persoa nos distintos planos: físico, motórico, emocional, afectivo, social e cognitivo e procurar as aprendizaxes que contribúen e fan posible o dito desenvolvemento.”
 
Esta caracterización dos obxectivos convértenos en guía e medio orientador para acadar as aprendizaxes do alumnado: os obxectivos non son pechados, definitivos ou observables, senón as intencións pedagóxicas e as capacidades que se espera que o alumnado desenvolva ó final desta etapa. Por isto son abertos e flexibles e, por tanto, concretables a calquera realidade e contexto educativo, desde o Estado ó mesmo aula ou alumno.
 
== Renovación ==
A súa fundamentación psicopedagóxica ofrece unha nova visión do neno e das súas potencialidades educativas. Para isto, a reforma modificou considerablemente a educación coa introdución no currículo de aspectos coma o traballo por recunchos e por talleres ou a selección de contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais.
 
== Referencias ==
* [http://www.boe.es/boe/dias/2007/01/04/pdfs/A00474-00482.pdf RD 1630/06 (BOE, Decreto de mínimos)]
* Palacios, Marchesi y Coll: Desarrollo psicológico y educación 1. Alianza Editorial. Madrid 1990.
Liña 48:
[[Categoría:Ensino]]
 
[[es:Educación Infantil (en España)]]
[[eu:Haur Hezkuntza]]