Titania (lúa): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ro:Titania; cambios estética
Liña 78:
'''Titania''' é a lúa máis grande e masiva das lúas de Urano, e é a oitava [[satélite natural|lúa]] máis masiva do [[Sistema Solar]]. Foi descuberta por [[William Herschel]] no ano 1787, Titania recibiría o nome da [[Titania (raíña das fadas)|raíña das fadas]] que aparece na obra de [[William Shakespeare]], ''[[A Midsummer Night's Dream]]''. A súa órbita descansa dentro da [[magnetosfera]] de [[Urano (planeta)|Urano]].
 
Titania está composta de proporcións equitativas de xeo de auga e compoñentes rochosos, e é posible que teña un [[núcleo (xeoloxía)|núcleo]] e un [[manto (xeoloxía)|manto xeado]] diferenciados. Tamén podería ter unha capa de auga líquida entre o núcleo e o manto. A superficie de Titania, a cal é relativamente escura e tinguida de ''vermello'', aparece marcada polos impactos e procesos endóxenos. Está cuberta por numerosos [[cráter de impacto|cráteres de impacto]], chegando algún deles a ter 326 km de diámetro, pero con todo está menos craterizado có satélite máis externo de Urano, [[Oberón (lúa)|Oberón]]. Titania probablemente sufriu un proceso de remodelación da súa antiga superficie máis craterizada cá actual, está remodelación tivo lugar nas primeiras etapas da evolución da lúa. A superficie de Titania está cortada por grandes canons e escarpas, resultado da expansión do seu interior durante etapas posteriores á remodelación da superficie da lúa. Coma case tódalas lúas de Urano, Titania formouse probablemente nun [[disco de acrección]] que rodeaba ó planeta xusto despois da formación deste.
 
A presencia de xeo de auga e dióxido de carbono na superficie de Titania foi referendada polas obsevacións do [[espectro]] [[infravermello]] feitas no 2001-2005, as cales revelan a existencia de xeo de auga cristalino na superficie da lúa, estas observacións suxiren que a lúa podería posuír unha atmosfera de dióxido de carbono moi tenue, cunha presión de 10 pbar. As medicións durante unha ocultación de Titania por parte dunha estrela revelaron que non podía existir unha atmosfera por riba dunha presión superficial de 10–20 nanobars.
Liña 206:
[[pl:Tytania (księżyc)]]
[[pt:Titânia (satélite)]]
[[ro:Titania (satelit)]]
[[ru:Титания (спутник)]]
[[scn:Titania]]