Diferenzas entre revisións de «Morgana»

m
bot Engadido: ro:Fata Morgana; cambios estética
(pequena mudanza inicial)
m (bot Engadido: ro:Fata Morgana; cambios estética)
[[Ficheiro:Morganlfay.jpg|thumb|right|220px|''Morgana le Fay,'' por Anthony Frederick Sandys (1829 - 1904), 1864 (Birmingham Art Gallery)]]'''Morgana''' é unha poderosa fada da [[mitoloxía celta]], media irmá do [[Rei Artur]], nai con el de [[Mordred]] e discípula de [[Merlín]]. É a raíña da illa de [[Avalon]], co coder de curar e mudar de forma.
 
== Morgana no ciclo artúrico ==
No [[ciclo artúrico]], a '''fada Morgana''' é un personaxe feminino, ás veces presentada polos cristiáns como antagonista do [[Rei Artur]] e inimiga de [[Xenebra (raíña)|Xenebra]]. Na ''Vita Merlini'' (''Vida de Merlín'') do [[século XII]], dise que Morgana ("Morgen") é a maior de nove irmás que gobernan [[Ávalon]]. [[Geoffrey de Monmouth]] fala de Morgana como [[curandeira]] e [[cambiante]]. Escritores máis tardíos como [[Chrétien de Troyes]], baseándose na interpretación de Monmouth, describiron a Morgana velando a [[Merlín]] en Ávalon.
 
Diversas fontes describen a Morgana como discípula de Merlín, e máis adiante como a súa rival; neste papel, o personaxe aparece parcialmente superposto a "Viviana", unha das figuras que corresponden ao nome da "[[Dona do Lago]]". O mito da rivalidade entre Morgana e Merlín retómase nalgunas obras cinematográficas, en particular na película ''[[Excalibur (película)|Excalibur]]'' de [[John Boorman]] ([[1981]]).
 
== Morgana noutras fontes ==
A fada Morgana aparece tamén en narracións fantásticas posteriores, non relacionadas co ciclo do rei Artur, con frecuencia como personificación do fenómeno óptico [[Efecto Fata Morgana|fata morgana]]. Por exemplo, a fada Morgana aparece na fábula ''Os cisnes selváticos'' de [[Hans Christian Andersen]].
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.lib.rochester.edu/camelot/morgmenu.htm Morgana no proxecto Camelot, Universidade de Rochester: texto en inglés e imaxes ]
* [http://www.pantheon.org/articles/m/morgan_le_fay.html Brian Edward Rise, "Morgan le Fay" 2001]
 
[[Categoría:Mitoloxía celta]]
[[pl:Morgana Le Fay]]
[[pt:Fada Morgana]]
[[ro:Fata Morgana]]
[[ru:Фея Моргана]]
[[sv:Morgan le Fay]]
76.597

edicións