Ricardo I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 17:
 
Entre [[1181]] e [[1182]], Ricardo enfrentou unha rebelión sobre a sucesión do condado de [[Angoulême]]. Os seus opositores foron onde [[Filipe II de Francia]] para pedirlle o seu apoio e a loita extendeuse cara [[Lemosín]] e [[Périgord]]. Ricardo foi acusado de crueldade contra os seus obxectivos. Porén, co apoio do seu pai e de [[Henrique o Mozo]], tivo éxito sobre o vizconde [[Aimar V de Limoges]] e o conde [[Elie de Périgord]].
Cando Ricardo sofocou a rebelión dos condes, volveu a desafiar o seu pai no trono. Entre [[1180]] e [[1183]] creceu a tensión entre Ricardo e o seu pai, como rei, Henrique II madaba a Ricardo pagarlle homenaxe o seu irmán Henrique o Mozo, pero Ricardo negábase. Finalmente en [[1183]], Henrique o Mozo e Godofredo, duque de [[Bretaña]], invadiron [[Aquitania]] nun intento de someter a Ricardo. O conflito tivo unha breve pausa cando en [[1183]] finou Henrique o Mozo. Pero [[Henrique II de Inglaterra|Henrique II]] apresurouse para dar permiso ó seu fillo menor [[XoanXoán I de Inglaterra|XoanXoán]] para invadir Aquitania. O finar Henrique o Mozo, Ricardo pasou a ser o herdeiro ó trono de Inglaterra porén seguíu loitando contra o seu pai.
 
No [[1187]], Ricardo alíase con [[Filipe II de Francia]], ó que Ricardo promete concederlle os seus dereitos sobre [[Normandía]] e [[Anjou]]. En [[1188]], [[Henrique II de Inglaterra|Henrique II]] planea darlle [[Aquitania]] ó seu fillo [[XoanXoán I de Inglaterra|XoanXoán]]. Un ano máis tarde, Ricardo trata de tomar o trono de Inglaterra para si mesmo. O [[4 de xullo]] de [[1189]] as forzas de Ricardo e Filipe derrotaron ó exército de Henrique en [[Ballans]].
 
Henrique, co consentimento de Xoan, acorda nomear a Ricardo como sucesor. O [[6 de xullo]], [[Henrique II de Inglaterra]], finou en [[Chinon]] e Ricardo converteuse en rei de [[Inglaterra]], duque de [[Normandía]] e conde de [[Anjou]]. Roger de Hoveden, afirma que o corpo de Henrique sangrou pola nariz en presencia de Ricardo, o que se otomou como un sinal de que Ricardo fóra o que causou a súa morte. Finalmente foi coroado como duque o [[20 de xullo]] e como rei na [[Abadía de Westminster]] en [[Londres]] o [[3 de setembro]].
 
===Rei de Inglaterra===