Vándalos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mwl:Bándalos Modificado: ru:Вандалы
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: arz:ڤاندال; cambios estética
Liña 3:
Os '''vándalos''' foron un pobo de [[Europa]] central, un dos pobos [[indoeuropeos]] da familia [[pobos xermánicos|xermánica]] que habitaban as rexións ribeiregas do [[Báltico]] (na zona das actuais [[Alemaña]] e [[Polonia]]). Os [[lugiones]] ou vándalos ocupaban o territorio ao oeste do [[río Vístula|Vístula]] e xunto ao [[río Oder|Oder]], ata o norte de [[Bohemia]]. A palabra vándalo parece ter un dobre significado e querería dicir «os que cambian» e «os hábiles», mentres que o seu outro nome, lugii ou lugiones, tamén con dobre significado, querería dicir «mentireiros» e «confederados». Parece ser que ao principio as tribos dos vandulii (ou vandali) e a dos lugii (ou lugiones), xunto coas dos silingos, omanos, buros, varinos (seguramente chamados tamén auarinos), didunos, helvecones, arios ou charinos, manimios (talvez denominación variante de omanos), elisios e naharvales correspondían a pequenos grupos de orixe similar (aínda que non está claro que todas as citadas fosen do mesma orixe), integrando outra rama do grupo dos [[hermiones]] (unha rama do cal eran os [[suevos]] e tribos afíns), formándose despois un gran grupo identificado xeralmente como lugiones, cuxo nome predominaba para designar a todos os pobos compoñentes, incluídos os vándalos. Máis tarde ([[século II]]) acabou prevalecendo o nome de vándalos para o conxunto de pobos. Tamén pobos celtas, como os osen ou osos e os cotinos, entraron na agrupación dos lugiones.
 
== Historia ==
A chegada dos [[godos]] obrigounos a desprazárense cara ao sur e a asentárense nas ribeiras do [[Mar Negro]], sendo, xa que logo, veciños e, en ocasións, aliados dos godos.
 
Liña 16:
O rei asdingo Wisumarh ([[Visumaro]]) combateu contra os [[godos]] procedentes do leste ao mando de [[Xeberico]], que atacaron os seus territorios. Wisumarh morreu en loita contra os godos, e os integrantes das tribos de vándalos que non quixeron someterse aos godos, tiveron que pasar a territorio imperial, establecéndose en Panonia, onde tamén se asentaron os cuados. A principios do [[século V]] abandonaran Panonia (como tamén os cuados) e uníronse aos [[suevos]] e alanos para invadiren as Galias. Nas primeiras loitas do ano [[406]] morreu o rei [[Godexiselo]] ([[Godexisilo]]). Poucos anos despois, os dous grupos vándalos acabaron fusionados.
 
Chegaron a [[Hispania]] no [[409]], onde se establecen como federados. No [[426]] tomaron a cidade de [[Sevilla]] con [[Gunderico]] ao mando.Mais non se quedarían na península por moito tempo: vinte anos exactamente, pasando logo a [[África]] no ano 429 e non manifestaríanse que nalgunhas incursions sobre as [[Illas Baleares|illas Baleares]] incorporándoas de maneira moi temporal ao seu imperio marítimo - ao reino pirata, mas exactamente - que crearon dende [[Cartago]] no Mediterráneo occidental.
 
== A formación e apoxeo do reino vándalo: o reinado de Xenserico ==
[[Ficheiro:Vandals_455.jpg|thumb|250px|O reino vándalo no ano [[455]].]]
Na primavera de [[429]], os vándalos, liderados polo seu rei [[Xenserico]], decidiron pasar a [[África]] co fin de facerse coas mellores zonas agrícolas do Imperio. Para iso lograron barcos cos cales cruzaron o Estreito e chegaron a [[Tánxer]] e [[Ceuta]]. Logo desprazáronse ao leste, facéndose, tras algúns anos de loita, co control do África romana e, xa que logo, as fontes de produción da maior rexión cerealeira do vello imperio, que en diante tivo que comprar o grande aos vándalos, ademais de soportar as súas razzias piratas no Mediterráneo Occidental. Para iso contaban co gran porto de [[Cartago]] e coa flota imperial nel apresada. Sobre a base desta última, Xenserico conseguiu apoderarse de bases marítimas de gran valor estratéxico para controlar o comercio marítimo do Mediterráneo occidental: as [[Illas Baleares]], [[Córsega]], [[Sardeña]] e [[Sicilia]].
Liña 28:
Co fin de eliminar posíbeis disensións no seo da súa familia e liñaxe por cuestión da sucesión real, suprimindo así tamén calquera papel da nobreza na mesma, Xenserico creou un estraño sistema de sucesión, talvez a imitación do que puidese existir nos principados bérberes, denominado seniorato ou «Tanistry», en virtude do cal a realeza transmitíase primeiro entre irmáns por orde de idade e só despois do falecemento do último destes pasábase a unha segunda xeración. Os reinados dos sucesores de Xenserico non fixeron máis que acentuar as contradicións internas da Monarquía, no medio dun debilitamento constante do poder central e a súa falta de substitución por outra alternativa.
 
== A decadencia do reino vándalo ==
O reinado do seu fillo e sucesor [[Hunerico]] (477-484) supuxo un paso máis na tentativa de fortalecer o poder real, destruíndo toda xerarquía sociopolítica alternativa. O seu intento de establecer un sistema de sucesión patrilineal chocou coa oposición de boa parte da nobreza de servizo e da súa propia familia, co resultado de sanguentas purgas. O que dita oposición buscase apoio na Igrexa católica supuxo que Hunerico iniciase no 483 unha activa política de represión e persecución da mesma, que culminou na reunión en febreiro do 484 dunha conferencia de bispos arianos e católicos en Cartago, na que o rei ordenou a conversión forzosa ao arianismo. A morte de Hunerico no medio dunha gran fame negra testemuñou o comezo dunha crise no sistema fiscal do Reino vándalo, que habería de serlle fatal.
 
Liña 37:
A crise política do final do reinado do ostrogodo incitou ao seu sucesor e sobriño [[Hilderico]] (523-530) a buscar custase o que custar o apoio do emperador [[Xustiniano]], para o que intentou facer as paces coa Igrexa católica africana, á que restituíu as súas posesións. Política esta que non deixou de crear descontentos entre a nobreza de servizo. Aproveitando unha derrota militar fronte a grupos [[bérberes]], esta oposición logrou destronalo, asasinalo e nomear no seu lugar a un dos seus, [[Xelimero]] (530-534). No entanto, un intento de crear unha segunda Monarquía vándala carecía de futuro. Falto de apoios e debilitado militarmente, o Reino vándalo sucumbía ante a forza expedicionaria bizantina, de só 15.000 homes, comandada por [[Belisario]].
 
== Lista de reis vándalos (Asdingos) ==
# [[Visumaro]] (''Wisumarh''): [[Século III]]. Coetáneo do rei [[visigodo]] [[Xeberico]].
# [[Godexisilo]] (''Godegisel''): (¿? – [[406]]).
# [[Gunderico]] (''Gundaric/Gundioc''): ([[407]]-[[428]]) Unión dos Silingos en [[417]].
# [[Xenserico]]: ([[428]]-[[477]]).
# [[Hunerico]]: ([[477]]-[[484]]).
# [[Guntamundo]] (''Gunthamud''): ([[484]]-[[496]]).
# [[Trasamundo]]: ([[496]]-[[523]]).
# [[Hilderico]]: ([[523]]-[[530]]).
# [[Xelimero]]: ([[530]]-[[534]]).
 
== Lista de reis vándalos (Silingos) ==
# [[Fridibaldo]]: (¿?-[[417]]).
 
[[Categoría:Historia de África]]
Liña 57:
[[als:Wandalen]]
[[ar:فاندال]]
[[arz:فاندالڤاندال]]
[[be:Вандалы]]
[[bg:Вандали]]