Ben Shepherd: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Hunter Benedict Shepherd''', nado o [[20 de setembro]] de [[1968]], é un músico [[EUA|estadounidense]] coñecido por ser o baixista de [[Soundgarden]] dende [[1990]] ata a separación da banda en [[1997]].
 
== Biografía ==
Ben naceu nunha base militar estadounidense en Okinawa, Xapón. A súa familia trasladouse a Texas, e posteriormente instalouse en Bainbridge Island, [[Washington]] onde Shepherd medrou. Shepherd tocou en varias bandas de [[punk rock]] cos seus amigos antes da adolescencia. Despois de graduarse no instituto, traballou de carpinteiro e de obreiro. Comezou a envolverse na escena [[grunge]] cando traballou de ''roadie'' para [[Nirvana]] e tocou en Tic Dolly Row con [[Chad Channing]].
 
A primeira vez que realizou unha audición para ocupar o posto de baixista en [[Soundgarden]] foi en [[1989]], despois da saída de [[Hiro Yamamoto]], pero foi rexeitado porque non tocaba os temas o suficientemente ben. [[Jason Everman]] foi contratado como novo baixista, pero por razóns descoñecidas, foi despedido despois de que [[Soundgarden]] completase a súa xira promocional a mediados de [[1990]]. Shepherd foi entón contratado para o posto.
 
=== Soundgarden ===
Ademais do seu rol de baixista, o traballo de Shepherd como vocalista e compositor incrementouse durante a súa estancia en [[Soundgarden]]. Na súa primeira gravación coa banda, o álbum de estudio ''[[Badmotorfinger]]'', Shepherd traballou na composición dos seguintes temas: "Slaves & Bulldozers", "Jesus Christ Pose", "Face Pollution" e "Somewhere".
 
En [[1993]], Shepherd e o baterista da banda, [[Matt Cameron]], formaron un proxecto paralelo chamado Hater. Shepherd cantaba e tocaba a guitarra no grupo, ademais de escribir varias cancións para a primeira edición da banda, un álbum autotitulado. Un segundo disco chamado ''The 2nd'' foi gravado en [[1995]] despois de rematar a xira do ''[[Superunknown]]'', pero non se editaría ata o [[2005]]. Durante esa longa pausa, Shepherd atopou tempo para completar os temas que formarían ''The 2nd'' entre as súas colaboracións con Wellwater Conspiracy (un proxecto paralelo con [[Matt Cameron]] e [[John McBain]]), a [[Mark Lanegan Band]], e outros artistas. Shepherd foi o vocalista do primeiro álbum de Wellwater Conspiracy, ''Declaration of Conformity''.
 
No ano [[1994]], [[Soundgarden]] editou ''[[Superunknown]]'', que tiña as composicións de Shepherd "Half" e "Head Down". "Head Down" estaba fortemente influenciada polos [[Beatles]], mentres que "Half" estaba marcada por un toque indio, e foi a primeira canción dun álbum de [[Soundgarden]] coa voz de Shepherd como principal.
 
No sea álbum de [[1996]] ''[[Down on the Upside]]'' seis dos dazaseis temas foron compostos (ben letras ou música) por Shepherd. As cancións son: "Zero Chance" (música), "Dusty" (música), "Ty Cobb" (música), "Never Named" (música) "Switch Opens" (música) e "An Unkind" (música e letra). "Ty Cobb" foi a súa primeira canción en convertirse en sinxelo.
 
=== Despois de Soundgarden ===
A finais de [[1997]], Shepherd formou parte das primeiras ''Desert Sessions'' (Volumes 1 & 2), nas cales tocou o baixo. Ao ano seguinte abandonou Wellwater Conspiracy por razóns descoñecidas e [[Matt Cameron]] ocupouse das voces. No ano [[1999]] tocou o baixo no álbum de [[Mark Lanegan]] ''I'll Take Care of You''.
 
No [[2001]] co-escribiu o tema "Blues For D" do álbum de [[Mark Lanegan]] ''Field Songs''. Foi tamén un dos principais colaboradores do álbum xunto con Mike Johnson.
 
No ano [[2005]] Shepherd formou unha nova banda, Unkmongoni, pero parece que a banda na actualidade está disolta. Nese mesmo ano o segundo álbum de Hater foi finalmente editado co nome de ''The 2nd''.
 
{{Soundgarden}}