Senado romano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: hr:Rimski senat
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sw:Senati; cambios estética
Liña 1:
{{Goberno Romano|right}}
O '''senado''' (do [[latín]] "senex, senis", ancián) foi unha das [[institución|institucións]]s do goberno da [[Roma antiga|antiga Roma]]. Orixinouse como unha institución consultiva da [[monarquía romana]], formado exclusivamente por [[patricio|patricios]]s (un representante de cada ''[[gens]]''), e adquiriu maiores [[prerrogativas]] coa [[Roma (República)|República]], en que pasou a referendar a través da súa [[auctoritas]] os actos dos [[cónsul|cónsules]]es, estendendo a súa competencia aos actos doutros [[Maxistraturas romanas|maxistrados]] e [[Comicios Romanos|Comicios]], temas relixiosos, conflitos entre maxistrados, policía, crimes con pena capital cando esta era conmutada, cuestións militares e financeiras e tratados internacionais.
 
== Historia ==
 
=== Na República ===
 
A mediados da época republicana o senado contaba cuns 300 membros; estaba composto por todos os cidadáns que exerceran maxistraturas curuis —cónsules, [[pretor]]es e [[edil|edís]], os ''conscripti''—, así como dos ''patres'', as cabezas das familias patricias. Adicionalmente, os [[censor|censores]]es podían incluír senadores que non exerceran maxistraturas, aínda que estes tiñan restrinxido o seu dereito a tomar a palabra e eran denominados ''senatores pedarii''.
 
Co acceso aos dereitos cidadáns dos [[plebeo]]s, o Senado perdeu o dereito a referendar os actos dos [[Comicios Centuriados]]. Pero pola contra asumiu o dereito de nomear [[Ditador romano|ditador]], e pronto lexislou sobrepoñéndose ás [[Asembleas romanas|Asembleas Tribunadas]], acadando un gran poder.
Liña 20:
[[Xulio César]], despois de derrotar ao seu rival [[Pompeio]] e aos seus aliados, a maior parte das familias senatoriais tradicionais, procedeu a incrementar o número de senadores ata case 1000, promocionando á orde senatorial a familias ecuestres, mandos militares, centurións de orixe proletaria do seu exército, e provinciais, como o seu conselleiro financeiro [[Cornelio Balbo]], natural de [[Gades]] ([[Cádiz]], [[España]]); aos ollos da nobilitas senatorial supervivente do bando pompeiano e de moitos partidarios de César isto era unha aberración, e iso foi unha das causas do asasinato de César.
 
=== No Imperio ===
 
[[Augusto]], e os outros [[triunviros]], reduciron novamente o número de senadores a 300, aínda que mantiveron algúns dos nomeamentos de César, que tiñan a consideración de ''[[homo novus|homines novi]]'', pero as proscricións por eles emprendidas baleiraron os bancos do Senado, que foron enchidas coa promoción de partidarios dos triunviros extraídos da orde ecuestre e do exército.
 
Terminada a guerra entre Augusto e [[Marco Antonio]] en [[-30]], Augusto procedeu a cribar a lista de senadores, intentando recuperar como senadores aos superviventes das familias tradicionais, pero favorecendo tamén aos seus partidarios, sen ter en conta a súa orixe, caso de [[Mecenas ]] , [[Agripa]], [[Planco]] ou [[Asinio Polión]]. Tamén incrementou os poderes nominais do Senado, transmitindo os poderes de elección de [[maxistrados]] das asembleas ou [[comitia]] ao senado, aínda que realmente reduciu os seus poderes, xa que case todas as provincias con exército pasaron ao control directo do emperador, as maxistraturas convertéronse en cargos honoríficos, e os candidatos a elas necesitaban do visto e prace do emperador, quen asumiu a potestade xurisdicional dos [[Comitia Tributa]], polo que os [[Edicto]]s imperiais se superpuxeron aos [[Senadoconsulto]]s.
 
A partir de [[Claudio]], numerosos provinciais, especialmente hispanos, foron admitidos no Senado, aínda que a estes novos senadores se lles impoñía o requisito de investir o censo mínimo senatorial -1.000.000 de [[sestercios]]- en propiedades rústicas en Italia, culminando o proceso coa elección dun emperador procedente dunha familia senatorial provincial hispana: [[Traxano]].
Liña 36:
[[Ficheiro:Maccari-Cicero.jpg|thumb|300px|Representación dunha reunión do Senado Romano: [[Cicerón]] ataca a [[Lucio Serxio Catilina|Catilina]], nun fresco do século XIX]]
 
=== A súa desaparición ===
 
O senado romano desapareceu nos turbulentos anos do [[século VI]] nos que as tropas do rei [[ostrogodo]] [[Tótila]] loitaban á desesperada contra as tropas de imperiais de [[Xustiniano]], dirixidas por [[Belisario]], mentres que no resto dos reinos bárbaros nados da ruína de Roma, os senadores foron fundíndose progresivamente coa nobreza xermánica dirixente.
Liña 42:
Nas cidades sometidas pola [[Antiga Roma]] establecíase un '''Consello de Cen Anciáns''' ('''Centumviri'''), cada un dos cales era o cabeza de dez casas (dez casas = unha ''gens''), de onde xorde a denominación.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Maxistraturas romanas]].
* [[Senado bizantino]].
 
[[Categoría:Goberno de Roma Antiga]]
[[Categoría:Dereito romano]]
Liña 90:
[[sr:Римски сенат]]
[[sv:Romerska senaten]]
[[sw:Senati]]
[[th:วุฒิสภาโรมัน]]
[[tr:Roma Senatosu]]