Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
 
Erving tamén formou parte do Consello de Administración de [[Converse]] (previo á quebra de [[2001]]), Darden Restaurants, Inc., Saks Incorporated e The Sports Authority. Erving foi elixido na décima posición na lista dos 75 mellores xogadores da historia da NBA elaborada pola revista SLAM en [[2003]]. Ademais, é o pai da xogadora de [[tenis]] Alexandra Stevenson, nacida da súa relación con Samantha Stevenson en [[1980]], cando Samantha traballaba en [[Philadelphia]] como xornalista deportivo e Julius xogaba nos 76ers.
 
== Momentos memorables ==
O xogo do Doutor J caracterizouse principalmente pola súa vistosidade, ofrecendo ao longo da súa carreira infinidade de momentos inesquecibles. Pero quizais os máis coñecidos sexan dous, o denominado ''Baseline move'' sobre [[Kareem Abdul-Jabbar]] e o ''Rock The Cradle'' sobre [[Michael Cooper]], curiosamente ambos os xogadores dos [[Los Angeles Lakers|Lakers]].
 
=== The Baseline Move ===
Ocorreu durante as Finais de [[1980]], cando penetrou pola liña de fondo ao lado dereito do campo, co brazo totalmente estendido un metro por detrás do taboleiro, e atopándose no camiño a todo un [[Kareem Abdul-Jabbar]]. Erving virou sobre si mesmo, e a canastra pasada deixou unha bandexa que tras dar no taboleiro entrou polo aro.<ref name="baseline"/>
 
=== Rock The Cradle ===
Ocorreu en [[1983]], nun partido da tempada regular de novo ante os Lakers. Unha perda de balón orixinou un rápido contraataque polo lado izquiuerdo, recibindo Erving o balón aínda no seu campo, atravesou toda a cancha sendo perseguido por [[Michael Cooper]], e realizou un movemento que se denominou "Rock The Cradle" (''abanear o berce''), agarrándose o balón entre a man e a boneca e virando o brazo 360 graos para acabar conseguindo o mate diante dun desesperado Cooper.<ref>[http://es.youtube.com/watch?v=EbQKzTg0SPI Vídeo do "Rock The Cradle"]</ref>
 
== Notas ==
49.219

edicións