Diferenzas entre revisións de «Julius Erving»

m
 
En [[1981]] e en [[1982]], os Sixers caeron de novo en playoffs ante os Celtics e Lakers respectivamente, aínda que en [[1981]], Erving foi nomeado [[MVP da NBA|MVP da Tempada]]. Na tempada [[1982]]-[[1983|83]], os Sixers lograron poñer final ás carencias dun home alto e poderoso na zona coa adquisición de [[Moses Malone]]. Dominaron completamente a tempada, e arrasaron nos pay-offs, perdendo un único encontro neles (ante [[Milwaukee Bucks]] nas Finais de Conferencia), e varrendo aos Lakers nas Finais, conseguindo así Erving o seu primeiro campionato na [[NBA]]. Erving mantivo o seu nivel de xogo nos seguintes anos, cunhas medias de 22,4, 20,0, 18,1, e 16,8 puntos por partido nas súas catro últimas tempadas como profesional. Retirouse á idade de 37 anos ao finalizar a tempada [[1986]]-[[1987|87]], sendo homenaxeado en todos e cada un dos pavillóns que pisou. En [[1993]] foi elixido no [[Basketball Hall of Fame]] e é un dos poucos xogadores no baloncesto moderno en ter dúas camisetas retiradas co seu dorsal, o '''32''' nos [[New Jersey Nets|Nets]] e o '''6''' nos [[Philadelphia 76ers|76ers]].
 
== Vida posterior ==
[[Ficheiro:Julius Erving.jpg|right|130px|thumb|Julius Erving.]]
Dende o seu retiro, Julius Erving tivo moitos éxitos nos cales inclúen por exemplo o ser dono dunha planta de embotellamento de [[Coca-Cola]], ademais das estacións de televisión por cable en [[Nova York]] e [[Nova Jersey]]. Despois de traballar como un analista de estudo para a [[NBC]], Erving uniuse ao staff de oficina de [[Orlando Magic]], como vicepresidente de RDV Sports e vicepresidente executivo dos Magic o [[4 de xuño]] de [[1997]].
 
Xunto co ex-xogador da [[NFL]] Joe Washington, presentaron un equipo da [[NASCAR]] Busch Grand National Series a finais dos [[Anos 1990|90]], converténdose no primeiro equipo da NASCAR en ser posuído completamente por minorías. O equipo tiña asegurado o patrocinio de Dr Pepper para a maioría da súa existencia. Erving, un fan das carreiras, declarou que a súa incursión na NASCAR era unha tentativa de levantar o interese nas carreiras entre os [[afroamericano]]s.
 
Erving tamén formou parte do Consello de Administración de [[Converse]] (previo á quebra de [[2001]]), Darden Restaurants, Inc., Saks Incorporated e The Sports Authority. Erving foi elixido na décima posición na lista dos 75 mellores xogadores da historia da NBA elaborada pola revista SLAM en [[2003]]. Ademais, é o pai da xogadora de [[tenis]] Alexandra Stevenson, nacida da súa relación con Samantha Stevenson en [[1980]], cando Samantha traballaba en [[Philadelphia]] como xornalista deportivo e Julius xogaba nos 76ers.
 
== Notas ==
53.138

edicións