Diferenzas entre revisións de «Julius Erving»

 
=== Philadelphia 76ers ===
[[Ficheiro:JuliusErvingSlamDunk1981.jpg|thumb|O Dr. J (co número 6) disponse a realizar un mate en [[1981]] ante os [[Atlanta Hawks]].]]
Despois de que a ABA se desintegrase, os [[New York Nets]], [[San Antonio Spurs]], [[Denver Nuggets]] e [[Indiana Pacers]] uníronse á NBA na tempada [[1976]]-[[1977|77]]. Tras o incumprimento da promesa do propietario dos Nets Roy Boe de aumentar o soldo de Erving, o xogador rexeitou xogar nesas condicións e Boe viuse obrigado a venderlle a [[Philadelphia 76ers]], onde moi pronto se convertería no líder da franquía, levándolles ás Finais da NBA, onde se enfrontaron aos [[Portland Trail Blazers]] de [[Bill Walton]]. Despois de poñerse por diante por 2 vitorias a 0, os de [[Oregón]] encadearon catro vitorias consecutivas para conseguir o anel de campión. Con todo, Erving gozou tamén do éxito fóra da cancha, converténdose nun dos primeiros xogadores en representar produtos e en ter zapatillas comercializadas baixo o seu nome. Por aquela época, apareceu nun anuncio de televisión incitando a mozos admiradores a pedirlle un autógrafo nun aeroporto, referíndose a el desde ese momento como "Dr. Chapstick". Tamén apareceu na película de comedia de baloncesto ''O Peixe Que Salvou Pittsburgh'', en [[1979]].
 
49.652

edicións