Abrir o menú principal

Cambios

m
Nos anos posteriores, Erving tirou do carro dun equipo que non estaba ao seu nivel, pero que chegaba con facilidade ás Finais de Conferencia. Coa irrupción de [[Larry Bird]] en [[Boston Celtics]], revivíronse vellas rivalidades entre as dúas cidades do leste, chegando mesmo a protagonizar as estrelas de cada equipo uno dos primeiros [[videoxogo]]s deportivos da historia, denominado ''Julius Erving-Larry Bird One-on-One'' (''Julius Erving-Larry Bird Uno Contra Un'') de [[Electronic Arts]]. En [[1980]], os Sixers chegaron novamente ás Finais, onde se atoparían con [[Los Angeles Lakers]], dirixidos por [[Magic Johnson]]. Os [[California|californianos]] acabaron vencendo 4-2, pero o Dr.J deixou para a historia unha xogada inesquecible denominada ''Baseline Move'', unha espectacular entrada a canastra por detrás do taboleiro levando o balón cunha man co brazo totalmente estirado e virando sobre si mesmo para conseguir a canastra.<ref name="baseline">[http://www.youtube.com/watch?v=k_QHfzSENGo Baseline Move]</ref>
 
En [[1981]] e en [[1982]], os Sixers caeron de novo en playoffs ante os Celtics e Lakers respectivamente, aínda que en [[1981]], Erving foi nomeado [[MVP da NBA|MVP da Tempada]]. Na tempada [[1982]]-[[1983|83]], os Sixers lograron poñer final ás carencias dun home alto e poderoso na zona coa adquisición de [[Moses Malone]]. Dominaron completamente a tempada, e arrasaron nos pay-offs, perdendo un único encontro neles (ante [[Milwaukee Bucks]] nas Finais de Conferencia), e varrendo aos Lakers nas Finais, conseguindo así Erving o seu primeiro campionato na [[NBA]]. Erving mantivo o seu nivel de xogo nos seguintes anos, cunhas medias de 22,4, 20,0, 18,1, e 16,8 puntos por partido nas súas catro últimas tempadas como profesional. Retirouse á idade de 37 anos ao finalizar a tempada [[1986]]-[[1987|87]], sendo homenaxeado en todos e cada un dos pavillóns que pisou. En [[1993]] foi elixido no [[Basketball Hall of Fame]] e é un dos poucos xogadores no baloncesto moderno en ter dúas camisetas retiradas co seu dorsal, o '''32''' nos [[New Jersey Nets|Nets]] e o '''6''' nos [[Philadelphia 76ers|76ers]].
 
== Notas ==
49.219

edicións