Diferenzas entre revisións de «Julius Erving»

m (bot Engadido: es:Julius Erving; cambios estética)
Os Squires, como moitos outros equipos da liga do balón tricolor, non pasaban polo seu mellor momento económico, e víronse forzados a traspasar ao Dr.J aos [[New York Nets]] xunto con Willie Sojourner a cambio de George Carter, os dereitos de draft de Kermit Washington e diñeiro. Na súa primeira tempada no equipo, Erving liderou ás Nets a unha marca de 55-29 na tempada regular e a gañar o seu primeiro título da ABA ante [[Utah Stars]]. Ademais, repetiu como máximo anotador da liga con 27,4 puntos por partido, quedando tamén sexto na liga en asistencias e terceiro en roubos de balón e tapóns. Aquela tempada gañou o primeiro do seu tres consecutivos premios [[MVP da NBA|MVP da ABA]]. Erixiuse nese momento no mellor xogador da liga, e nun símbolo para a mesma, que fixo que gañase credibilidade, e que sumase moitos fans naqueles anos.
 
En [[1976]] a liga agonizaba, con varios equipos desaparecidos e outros preto da ruína. Porén, reviviu grazas á creación do primeiro concurso de mates da historia, no que Erving gañou a Gilmore, Kenon, [[George Gervin]] e a David Thompson. Os Nets conseguiron praza na ampliada [[NBA]], non sen antes derrotar a [[Denver Nuggets]], naquel momento outro dos equipos que deu o salto, na última final do campionato, que terminou con Erving promediandocunha media de 34,7 puntos nos playoffs, o que lle converteu no [[MVP da NBA|MVP]] dos mesmos. Ademais, por tecera vez conseguiu ser o máximo anotador da tempada regular, esta vez con 29.3 por partido. En cinco tempadas na [[American Basketball Association|ABA]], Erving acumulou dous campionatos, tres títulos de [[MVP da NBA|MVP]] e encabezou en tres ocasións a lista de máximos anotadores.
 
=== Philadelphia 76ers ===
Despois de que a ABA se desintegrase, os [[New York Nets]], [[San Antonio Spurs]], [[Denver Nuggets]] e [[Indiana Pacers]] uníronse á NBA na tempada [[1976]]-[[1977|77]]. Tras o incumprimento da promesa do propietario dos Nets Roy Boe de aumentar o soldo de Erving, o xogador rexeitou xogar nesas condicións e Boe viuse obrigado a venderlle a [[Philadelphia 76ers]], onde moi pronto se convertería no líder da franquía, levándolles ás Finais da NBA, onde se enfrontaron aos [[Portland Trail Blazers]] de [[Bill Walton]]. Despois de poñerse por diante por 2 vitorias a 0, os de [[Oregón]] encadearon catro vitorias consecutivas para conseguir o anel de campión. Con todo, Erving gozou tamén do éxito fóra da cancha, converténdose nun dos primeiros xogadores en representar produtos e en ter zapatillas comercializadas baixo o seu nome. Por aquela época, apareceu nun anuncio de televisión incitando a mozos admiradores a pedirlle un autógrafo nun aeroporto, referíndose a el desde ese momento como "Dr. Chapstick". Tamén apareceu na película de comedia de baloncesto ''O Peixe Que Salvou Pittsburgh'', en [[1979]].
 
Nos anos posteriores, Erving tirou do carro dun equipo que non estaba ao seu nivel, pero que chegaba con facilidade ás Finais de Conferencia. Coa irrupción de [[Larry Bird]] en [[Boston Celtics]], revivíronse vellas rivalidades entre as dúas cidades do leste, chegando mesmo a protagonizar as estrelas de cada equipo uno dos primeiros [[videoxogo]]s deportivos da historia, denominado ''Julius Erving-Larry Bird One-on-One'' (''Julius Erving-Larry Bird Uno Contra Un'') de [[Electronic Arts]]. En [[1980]], os Sixers chegaron novamente ás Finais, onde se atoparían con [[Los Angeles Lakers]], dirixidos por [[Magic Johnson]]. Os [[California|californianos]] acabaron vencendo 4-2, pero o Dr.J deixou para a historia unha xogada inesquecible denominada ''Baseline Move'', unha espectacular entrada a canastra por detrás do taboleiro levando o balón cunha man co brazo totalmente estirado e virando sobre si mesmo para conseguir a canastra.<ref name="baseline">[http://www.youtube.com/watch?v=k_QHfzSENGo Baseline Move]</ref>
 
En [[1981]] e en [[1982]], os Sixers caeron de novo en playoffs ante os Celtics e Lakers respectivamente, aínda que en [[1981]], Erving foi nomeado [[MVP da NBA|MVP da Tempada]]. Na tempada [[1982]]-[[1983|83]], os Sixers lograron poñer final ás carencias dun home alto e poderoso na zona coa adquisición de [[Moses Malone]]. Dominaron completamente a tempada, e arrasaron nos pay-offs, perdendo un único encontro neles (ante [[Milwaukee Bucks]] nas Finais de Conferencia), e varrendo aos Lakers nas Finais, conseguindo así Erving o seu primeiro campionato na [[NBA]]. Erving mantivo o seu nivel de xogo nos seguintes anos, cunhas medias de 22,4, 20,0, 18,1, e 16,8 puntos por partido nas súas catro últimas tempadas como profesional. Retirouse á idade de 37 anos ao finalizar a tempada [[1986]]-[[1987|87]], sendo homenaxeado en todos e cada un dos pavillóns que pisou. En [[1993]] foi elixido no [[Basketball Hall of Fame]] e é un dos poucos xogadores no baloncesto moderno en ter dúas camisetas retiradas co seu dorsal, o '''32''' nos Nets e o '''6''' nos 76ers.
 
== Notas ==
49.652

edicións