Diferenzas entre revisións de «Julius Erving»

sen resumo de edición
m
 
En [[1972]] foi declarado ''elixible'' pola [[NBA]], e foi [[Milwaukee Bucks]] quen poxou por el na duodécima elección do [[NBA Draft|Draft da NBA de 1972]]. De ter ido a xogar alí, coincidiría con dous dos máis grandes xogadores de todos os tempos, [[Oscar Robertson]] e [[Lew Alcindor]], xogador máis tarde coñecido como [[Kareem Abdul-Jabbar]]. Con todo, non lle satisfacía a elección, e tentou xogar con [[Atlanta Hawks]], chegando mesmo a xogar tres partidos de pre-tempada con eles, mais unha disposición xudicial obrigoulle a volver á [[American Basketball Association|ABA]], co seu antigo equipo. De volta á ABA, na súa segunda tempada como profesional, fixo 31,9 puntos por partido, o máximo da súa carreira, e recibiu a primeira das súas catro eleccións consecutivas no mellor quinteto da ABA, xunto con Gilmore, Billy Cunningham, James Jones e Warren Jabali. O seu estilo espectacular, unido á súa imaxe con peiteado "afro", convertéronlle enseguida na imaxe da liga.
 
=== New York Nets ===
Os Squires, como moitos outros equipos da liga do balón tricolor, non pasaban polo seu mellor momento económico, e víronse forzados a traspasar ao Dr.J aos [[New York Nets]] xunto con Willie Sojourner a cambio de George Carter, os dereitos de draft de Kermit Washington e diñeiro. Na súa primeira tempada no equipo, Erving liderou ás Nets a unha marca de 55-29 na tempada regular e a gañar o seu primeiro título da ABA ante [[Utah Stars]]. Ademais, repetiu como máximo anotador da liga con 27,4 puntos por partido, quedando tamén sexto na liga en asistencias e terceiro en roubos de balón e tapóns. Aquela tempada gañou o primeiro do seu tres consecutivos premios [[MVP da NBA|MVP da ABA]]. Erixiuse nese momento no mellor xogador da liga, e nun símbolo para a mesma, que fixo que gañase credibilidade, e que sumase moitos fans naqueles anos.
 
En [[1976]] a liga agonizaba, con varios equipos desaparecidos e outros preto da ruína. Porén, reviviu grazas á creación do primeiro concurso de mates da historia, no que Erving gañou a Gilmore, Kenon, [[George Gervin]] e a David Thompson. Os Nets conseguiron praza na ampliada [[NBA]], non sen antes derrotar a [[Denver Nuggets]], naquel momento outro dos equipos que deu o salto, na última final do campionato, que terminou con Erving promediando 34,7 puntos nos playoffs, o que lle converteu no [[MVP da NBA|MVP]] dos mesmos. Ademais, por tecera vez conseguiu ser o máximo anotador da tempada regular, esta vez con 29.3 por partido. En cinco tempadas na [[American Basketball Association|ABA]], Erving acumulou dous campionatos, tres títulos de [[MVP da NBA|MVP]] e encabezou en tres ocasións a lista de máximos anotadores.
 
==Notas==
49.664

edicións