Julius Erving: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 49:
Nunha época na cal dúas grandes ligas convivían, e o fluxo de xogadores dunha a outra era frecuente, Erving decidiu asinar como axente libre por [[Virginia Squires]], da [[American Basketball Association|ABA]], en [[1971]]. Aínda que os Squires xa contaban co anotador [[Charlie Scott]], pronto se gañou unha reputación como xogador, e sobre todo, polo espectacular do seu xogo, en especial os seus mates. Nesa primeira tempada como profesional, tivo unha media de 27,3 puntos por partido, quedando segundo na carreira cara ao premio de [[Rookie do ano da NBA|Rookie do Ano]] por detrás doutra lenda, [[Artis Gilmore]]. Foi seleccionado no segundo mellor quinteto da liga e no primeiro de rookies. Tras finalizar a tempada cunha marca de 45 vitorias e 39 derrotas, segundos no Leste detrás dos 68-16 de [[Kentucky Colonels]], os Squires chegaron até as Finais da División Leste, onde foron derrotados polos [[New York Nets]] de [[Rick Barry]]. En playoffs, Erving fixo 33,3 puntos por partido, tanto na serie ante [[The Floridians]] como na dos Nets.<ref>[http://www.nba.com/history/players/erving_bio.html Julius Erving Biography NBA.com]</ref>
 
En [[1972]] foi declarado ''elixible'' pola [[NBA]], e foi [[Milwaukee Bucks]] quen poxou por el na duodécima elección do [[NBA Draft|Draft da NBA de 1972]]. De ter ido a xogar alí, coincidiría con dous dos máis grandes xogadores de todos os tempos, [[Oscar Robertson]] e [[Lew Alcindor]], xogador máis tarde coñecido como [[Kareem Abdul -Jabbar]]. Con todo, non lle satisfacía a elección, e tentou xogar con [[Atlanta Hawks]], chegando mesmo a xogar tres partidos de pre-tempada con eles, mais unha disposición xudicial obrigoulle a volver á [[American Basketball Association|ABA]], co seu antigo equipo. De volta á ABA, na súa segunda tempada como profesional, fixo 31,9 puntos por partido, o máximo da súa carreira, e recibiu a primeira das súas catro eleccións consecutivas no mellor quinteto da ABA, xunto con Gilmore, Billy Cunningham, James Jones e Warren Jabali. O seu estilo espectacular, unido á súa imaxe con peiteado "afro", convertéronlle enseguida na imaxe da liga.
 
==Notas==