Julius Erving: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
|equipos=<nowiki></nowiki>
* [[Virginia Squires]] (1971&ndash;1973) <small>(ABA)</small>
* [[New York Nets]] (1973&ndash;1976) <small>(ABA)</small>
* [[Philadelphia 76ers]] (1976&ndash;1987)
|liga= both
|stat1label=Puntos
|stat1value= 30 026 <small>(24,2 pp)</small>
Liña 40 ⟶ 41:
 
Erving gañou tres campionatos, catro premios [[MVP da NBA|MVP]] e tres títulos de máximo anotador tanto na ABA, con [[Virginia Squires]] e [[New York Nets]], como na NBA, con [[Philadelphia 76ers]]. É o quinto máximo anotador da historia do baloncesto profesional con 30.026 puntos (NBA e ABA combinados). O Dr. J foi nomeado un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e en [[1993]] foi incluído no [[Basketball Hall of Fame]]. Moitos o consideran un dos xogadores de baloncesto máis espectaculares da historia e un dos mellores "dunkers" de tódolos tempos, ademais de innovar co drible "cros-over" drible e os pases sen mirar.
 
== Traxectoria deportiva ==
=== Universidade ===
O Doutor J, alcume que xa tiña no Instituto Roosevelt, iniciou os seus estudos na [[Universidade]] de [[Massachusetts]] en [[1968]]. En dous anos de carreira, tivo unha espectacular media de 26,3 puntos e 20,2 rebotes por partido, a pesar dos seus escasos 1,98 metros de estatura. Debido a iso é un dos únicos cinco xogadores que conseguiron a fazaña de superar unha media de máis de 20 puntos e 20 rebotes na [[NCAA]]. A pesar diso, non atraeu demasiado a atención do público naqueles anos.<ref>[http://www.ncaa.org/library/records/basketball/m_basketball_records_book/2003/p007-066.pdf NCAA Basketball Records]</ref>
 
=== Virginia Squires ===
Nunha época na cal dúas grandes ligas convivían, e o fluxo de xogadores dunha a outra era frecuente, Erving decidiu asinar como axente libre por [[Virginia Squires]], da [[American Basketball Association|ABA]], en [[1971]]. Aínda que os Squires xa contaban co anotador [[Charlie Scott]], pronto se gañou unha reputación como xogador, e sobre todo, polo espectacular do seu xogo, en especial os seus mates. Nesa primeira tempada como profesional, tivo unha media de 27,3 puntos por partido, quedando segundo na carreira cara ao premio de [[Rookie do ano da NBA|Rookie do Ano]] por detrás doutra lenda, [[Artis Gilmore]]. Foi seleccionado no segundo mellor quinteto da liga e no primeiro de rookies. Tras finalizar a tempada cunha marca de 45 vitorias e 39 derrotas, segundos no Leste detrás dos 68-16 de [[Kentucky Colonels]], os Squires chegaron até as Finais da División Leste, onde foron derrotados polos [[New York Nets]] de [[Rick Barry]]. En playoffs, Erving fixo 33,3 puntos por partido, tanto na serie ante [[The Floridians]] como na dos Nets.<ref>[http://www.nba.com/history/players/erving_bio.html Julius Erving Biography NBA.com]</ref>
 
En [[1972]] foi declarado ''elixible'' pola [[NBA]], e foi [[Milwaukee Bucks]] quen poxou por el na duodécima elección do [[NBA Draft|Draft da NBA de 1972]]. De ter ido a xogar alí, coincidiría con dous dos máis grandes xogadores de todos os tempos, [[Oscar Robertson]] e [[Lew Alcindor]], xogador máis tarde coñecido como [[Kareem Abdul Jabbar]]. Con todo, non lle satisfacía a elección, e tentou xogar con [[Atlanta Hawks]], chegando mesmo a xogar tres partidos de pre-tempada con eles, mais unha disposición xudicial obrigoulle a volver á [[American Basketball Association|ABA]], co seu antigo equipo. De volta á ABA, na súa segunda tempada como profesional, fixo 31,9 puntos por partido, o máximo da súa carreira, e recibiu a primeira das súas catro eleccións consecutivas no mellor quinteto da ABA, xunto con Gilmore, Billy Cunningham, James Jones e Warren Jabali. O seu estilo espectacular, unido á súa imaxe con peiteado "afro", convertéronlle enseguida na imaxe da liga.
 
==Notas==