Sancho IV de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
división
→‎Traxectoria: arranxo pé de foto
Liña 14:
O primoxénito de Afonso X, don [[Fernando de la Cerda]], non chegou a reinar ó falecer antes có seu pai. O rei Sabio deixou escrito no seu testamento que o reino debía pasar ó seu neto primoxénito, o infante don [[Alfonso de la Cerda]] e ó mesmo tempo desherdaba ó seu segundo fillo, Sancho.
 
Porén, Sancho proclamouse rei sen respetar a vontade do seu pai, e foi coroado en [[Toledo]] en 1284. Foi recoñecido pola maioría dos pobos e dos nobres, pero ó mesmo tempo houbo un grupo bastante numeroso de partidarios dos Infantes de la Cerda, que reclamaban o acatamento do testamento. Durante todo o reinado deste monarca houbo loitas internas e pelexas por alcanzar o poder. Un dos personaxes que máis discordias provocou foi o infante don Xoán (irmán de Afonso X), e á súa causa uniuse o nobre [[Lope Díaz III de Haro]], octavo señor de Biscaia. O rei Sancho fixo executar ó de Haro e mandou encarcerar ó seu tío, o infante don Xoán. Tamén, segundo as crónicas, deu a orde de executar a 4.000 seguidores dos infantes de la Cerda, pasándoos a coitelo, en [[Badaxoz]], a 400 en [[Talavera]] e a outros moitos en [[Ávila]] e Toledo.
 
[[Ficheiro:Placa en honor al pueblo de Tarifa, Tarifa.JPG|thumb|left|180px|Arco de Tarifa cunha placa en recordo dos que loitaron no conflito de Tarifa]]
Despois destes acontecementos perdonouperdooulle ó seu tío don Xoán, quen ó pouco tempo volveusese volveu sublevar, ocasionando o conflito de [[Tarifa]]. Don Xoán chamou na súa axuda ósos benimerines de Marrocos e sitiaron a praza que estaba defendida polo seu gobernador [[Guzmán el Bueno]], señor de León. Alí ocorreu o famoso acto heroico e a morte inocente do fillo de Guzmán. A praza de Tarifa foi fielmente defendida e os [[benimerines]] regresaron ó seu lugar de orixe. Desbaratáronse deste modo os plans do infante don Xoán e os do sultán de Marrocos, que pretendía unha invasión.
 
Ó subir ó trono de Aragón [[Xaime II de Aragón|Xaime II]] houbo un acercamentoachegamento con Sancho IV, e os dous reis, unidos, deron un nuevo impulso á Reconquista.
 
O rei Sancho IV foi un gran amigo, ademais de titor, do personaxe histórico coñecido como o Infante don [[Juan Manuel]].
 
Sancho morreu en 1295, deixando como herdeiro óo seu fillo Fernando, de nove anos. Deixou tamén en herdanza as desputas e rivalidades cos infantes de la Cerda e os seus partidarios.
 
Malia ser fillo de Afonso X, era analfabeto.