Diferenzas entre revisións de «Jorge Manrique»

(→‎Traxectoria poética: corrixo gralla)
==Traxectoria poética==
 
A súa produción poética menor, reunida nun ''Cancionero'', está composta por unhas 50 cancións nas que cultiva oa [[arte real]], poemas amorosos orixinarios da [[Provenza]], xunto con outras composicións de mofa e algunhas doutrinais.
 
Pero, sen dúbida, foron as ''Coplas por la muerte de su padre'', de temática ben distinta, as que consagraron a Jorge Manrique como un dos principais poetas [[Idade Media|medievais]] en lingua castelá. Escritas en [[copla]]s de ''[[pé quebrado]]'' (doce versos, dos cales, 1º e 2º, 4º e 5º, 7º e 8º, son [[octosílabo]]s, e 3º, 6º, 9º e 12º, [[tetrasílabo]]s), constitúen unha [[elexía]] na cal se poden enxergar dúas partes fundamentais. Na primeira realiza unha reflexión sobre a morte en sentido universal, para logo facer o eloxio fúnebre do seu pai. En total, son 43 coplas nas que o autor condensa os principios fundamentais da [[filosofía]] [[cristianismo|cristiá]], cun estilo que, apartándose dos tópicos macabros habituais na época, acada unha intensa fondura emotiva. Foxe ademáis de todo exceso erudito ou retórico; pola contra, a sobriedade expresiva e a linguaxe sinxela que emprega fan deste poema unha obra doada de comprender, o que acentúa o seu carácter universal.
8.299

edicións