Marco alemán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 37:
A poboación do protectorado de [[Sarre]] decidíu por referendo unirse á [[República Federal Alemá]]. Así pois a incorporación de Sarre á RFA foi estipulada pólos alemáns e franceses para o [[1 de xaneiro]] de [[1957]]. O novo estado incorporado a Alemania mantivo a súa moeda, o [[franco de Sarre]], ligado ó [[franco francés]]. O [[9 de xullo]] de [[1959]], o marco alemán substituíu ó franco cunha taxa de cambio de 100 francos = 0,8507 DM.
===O papel do marco na Reunificación alemá===
O marco alemán xugou un importante papel na [[Reunificación alemá|Reunificación do país]]. Introducíuse como moeda oficial de [[República Democrática Alemá|Alemaña oriental]] en xullo de [[1990]], substituíndo así o [[Marco da RDA]] preparandose para unha completa unificación o [[3 de outubro]] de [[1990]]. Os marcos da RDA cambiaronse cunha taxa de 1 a 1 para os primeiros 4000 marcos e 2 RDA a 1 DM para cantidades superiores. Antes da Reunificación, cada cidadán da [[República Democrática Alemá|República Democrática]] que se trasladaba á [[República Federal Alemá|República Federal]], recibía un Begrüßungsgeld, unha axuda de 100 DM en metálico por persoa.
 
===Estabilidade do marco alemán===
O marco alemán tivo unha reputación como unha das moedas máis estables do mundo, debido á política monetaria na que se baseaba o Bundesbank. A política era dura en comparación coa doutros bancos centrais europeos, que se desenvolvía segundo a inflación e a intervención do goberno central. Esta política é a fundadora da actual política do [[Banco Central Europeo]] con relación ó [[Euro]]. A estabilidade foi aparente en [[1993]], cando unha especulación do [[franco francés]] e outras divisas europeas causaron un cambio no mecanismo de tipos de cambio europeo.