Existencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Existencia''' (''existentia, en Latín''). En [[filosofía]] este termo ten dous significados básicos. Un sentido xeral asociado principalmente á filosofía cristiá medieval e outro máis específico propio das filosofías da existencia do século XX. No primeiro caso a ''existencia'' oponse á ''esencia'' e significa o feito de que algo sexa real. Neste sentido a existencia é aplicable a calquera ente ou propiedade dun ente que efectivamente esta aí, é dicir, que aparece aí como dado. Por exemplo, “esta árbore que está aí”. A filosofía existencial, en cambio, usa o termino existencia unicamente para referirse á realidade ''humana''. Esta última é unha realidade sempre individual e constantemente facéndose a si mesma, polo que non sería definible do mesmo xeito que se definen os outros entes. En consecuencia, respecto da existencia humana non ten sentido preguntar ''qué'' é, senón só ''cómo'' é. A primeira pregunta apuntaría á esencia común, sempre fixa, dunha especie dos entes. Pero a existencia humana, posto que a súa condición é a dunha realidade sempre inacabada, non pode nunca definirse como un caso particular dunha esencia común. Toda existencia humana é peculiar, propia de cada un e, como tal, só experimentable polo propio individuo no seu propio existir. Nesto residiría a condición fundamental do ser humano. No caso do ente humano, polo tanto, ou ben a súa esencia ven dada pola pura existencia ([[Martin Heidegger]]), ou ben a existencia precede á esencia ([[Sartre]]).
 
O estudio da existencia humana efectuado por Heidegger en ''Ser e tempo'' recibe o nome de ''hermenéutica existencial'', e o efectuado por Sartre en ''O ser e a nada'' foi acuñado por este co nome de [[existencialismo]].